- Que é Máis Alá? Quen o asina e cando? Máis Alá é un manifesto asinado por Álvaro Cebreiro e por Manuel Antonio no ano 1922.
- Cita catro membros da Xeración Nós. Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas.
- Cal é a novela publicada por Luís Amado Carballo? A novela publicada é Os pobres de Deus.
- Que xéneros literarios cobran pulo co grupo Nós? Co grupo Nós cobran pulo os xéneros narrativo e o ensaístico.
- Que é o neotrobadorismo? O neotrobadorismo é un movemento de vangarda que xorde en Galicia na década dos anos 20 e que se caracteriza por empregar as estruturas formais das cantigas medievais incorporando temática contemporánea.
- Cal é o máximo expoñente do imaxinismo ou hilozoísmo? O máximo expoñente do imaxinismo ou hilozoísmo é Luís Amado Carballo.
- Quen escribiu Proel e O galo e a que xénero pertencen? Estas obras escribiunas Luís Amado Carballo e pertencen ao xénero poético.
- Quen escribiu Mitteleuropa e a que xénero pertence? Escribiuna Vicente Risco e pertence ao xénero ensaístico.
- Cita unha das obras narrativas de Vicente Risco? O porco de pé.
- Quen escribiu Síntese xeográfica de Galicia e a que xénero pertence? Escribiuna Ramón Otero Pedrayo e pertence ao xénero ensaístico.
- A que xénero pertence O porco de pé? Esta obra pertence ao xénero narrativo.
- Os movementos de vangarda en Galicia con que xénero literario se relacionan? Os movementos de vangarda en Galicia relaciónanse co xénero poético.
- Quen escribiu Os camiños da vida e a que xénero pertence? Escribiuna Ramón Otero Pedrayo e pertence ao xénero narrativo.
- A que xénero pertence a obra De catro a catro e quen a escribiu? Esta obra escribiuna Manuel Antonio e pertence ao xénero poético.
- Cal é o título da obra de Dieste que pertence ao xénero dramático? O título da obra é A fiestra valdeira.
- Quen escribiu a obra Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros e a que xénero pertence? Esta obra escribiuna Vicente Risco e pertence ao xénero narrativo.
- Que dúas obras son un vivo retrato dos homes do Grupo Nós e quen as escribiron? Estas obras son Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo e Nós, os inadaptados de Vicente Risco.
- Que é “Nós”? “Nós” é unha revista e unha editorial.
- Quen escribiu Foulas? Esta obra escribiuna Manuel Antonio.
- Quen escribiu Nao senlleira e a que xénero pertence? Esta obra escribiuna Fermín Bouza Brey e pertence ao xénero poético.