Sistema de Ejercicios Isocinéticos y Electroestimulación para Mejorar la Fuerza

Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,71 KB

Sistema de Ejercicios Isocinéticos

Entrenamento moderno da forza que se define como unha contracción máxima a velocidade constante en todo o movemento. A finalidade deste novo método dirixido á mellora da forza é o conseguir unha posibilidade de manter unha velocidade constante ao longo de todo o percorrido, calquera que sexa a tensión exercida polos músculos que producen a contracción, co cal se consegue realizar un maior esforzo do principio ao fin á medida que evoluciona o movemento. Como características deste método pódense nomear:

  • Permiten axustar os exercicios ás esixencias de cada deporte, posto que controla de forma constante a resistencia ao longo de todo o movemento.
  • Permiten un traballo analítico e total de todas as articulacións e grupos musculares implicados nelas.
  • Mantén un esforzo máximo en cada arco articular.
  • Intervenen practicamente o 100% das fibras musculares.

Electroestimulación

Trátase de conseguir unha mellora localizada da forza mediante a selección dos músculos que se queren mellorar, sendo principalmente útil a súa aplicación naqueloutras músculos lesionados ou doloridos nos que non se pode aplicar unha estimulación voluntaria. Non supón ningún gasto de forza activa por parte do deportista. Ao obterse unha contracción muscular mediante estímulos eléctricos, estes permiten conseguir un maior grao de forza muscular en menos tempo que coa contracción voluntaria debido a que permiten:

  • Unha tensión muscular superior á conseguida mediante a contracción voluntaria.
  • Mantéñase a tensión máis tempo que a provocada coa contracción voluntaria.
  • Pode ser repetida máis veces que mediante unha contracción voluntaria.

Flexibilidade

Defínese a flexibilidade como a capacidade de extensión máxima dun movemento nunha determinada articulación (mobilidade articular + elasticidade muscular).

Componentes da Flexibilidade

Mobilidade Articular

É a posibilidade de movemento das articulacións. É a característica das articulacións en canto á súa amplitude de movementos. Todas as articulacións van ter uns límites naturais de movemento que dependen da propia configuración dos ósos (no tipo de articulación), dos ligamentos e da cápsula articular.

As articulacións móbeis son as que teñen cápsula articular ou sinovial: A cápsula articular é a estrutura onde os ósos se articulan para producir os movementos. Son pechadas e recubertas de ligamentos, que contribúen ao movemento e á súa protección, e teñen un líquido chamado sinovial, que actúa como un aceite lubricante para evitar o roce e o desgaste dos ósos cos movementos. Tamén existen outro tipo de articulación na que se produce movemento e non ten cápsula articular: son semimóbiles (son as vértebras da columna unidas polos discos intervertebrais).

Elasticidade Muscular

Propiedade dos músculos de estirarse ao máximo e de recuperar a súa forma despois de ter sido deformado, ao aplicárselle unha forza. Proporcional á forza que o produce. O grao de elasticidade das fibras musculares actuará de límite ou de favorecedor da flexibilidade.

Indicacións Metodolóxicas para o Entrenamento da Flexibilidade

  • No abusar de exercicios asimétricos, porque potencian a musculatura do lado dominante e perxudican a columna vertebral, ocasionando malformacións (cifose, escoliose,...).
  • Realizar exercicios de compensación buscando o equilibrio entre todos os músculos.
  • A intensidade dos estiramientos deberá aumentar ao longo do exercicio, evitando calquera estiramento forzado.

Entradas relacionadas: