Teatro de máscaras: características, temas e pezas principais
Clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,78 KB
Teatro de máscaras
Teatro de máscaras (34). Cadros curtos (planteamento-nó-desenlace). Non teñen obrigatoriedade dun desenvolvemento lóxico. Importa tanto o espectáculo e a escenografía como a palabra.
Espazos e temas
Espazos:
- campiña
- pazos
- café
- camiño
- ponte
Aparece a distorsión satírica. A sátira que provoca o riso, no fondo reflicte unha traxedia. Xoga co mundo da fantasía, alucinacións.
Personaxes e contrapostos
Personaxes:
- cregos
- señores
- poetas
- fantasmas
- estadeas
Utiliza contrapostos: vivo / morto. "A estadea". A Carlistada é un tópico na súa obra, aparecendo liberais e absolutistas. Aparecen cregos e fidalgos e tamén mortos (seres do alén, cova).
Descrición xeral das escenas
Os cregos reúnense para celebrar a misa pola morta, que é unha fidalga. Aparecen cregos e fidalgos como personaxes clave. As acoutacións van cambiando (o reloxo, Sileno...). Os cregos ían sacarlle as xoias e a mata para vendelas (durante a Guerra Carlista). Antes cambiaba o reloxo; agora é o san Miguel o que cambia. Isto seméllase co relato dos pais de Don Ramonciño, que o insultan e lle chaman borracho.
Pezas — breve anotación
O espreito das doenzas
"O espreito das doenzas" é a máis longa e tamén a máis chea de humor, xocosa e de base popular. Hai un personaxe que se ri da enfermidade e outro que é hipocondríaco. Desenvolvese no mundo do máis alá. Acoutacións telegráficas. Existe correspondencia entre a realidade e o interior dos personaxes. É un exemplo de teatro da arte: danza, pintura, música.
II cadro: sanatorio. Tres médicos que presentan distinta tendencia.
A subrevazón dos traxes
"A subrevazón dos traxes" mestura realidade co mundo fantástico. Xoga coa luz, coa sombra e coa música. É moi breve; transcorre entre a noite do martes de Entroido e o mércores de Cinza. Hai unha oposición entre o materialismo e o mundo dos espíritos. Hai cambios constantes de música e danza.
Café dos espellos
"Café dos espellos". Ocorre nun café: un local rodeado de espellos cun personaxe que está en todas as escenas e que observa todo o que pasa alí. Os espellos van reflectir sombras do pasado. Mestura realidade con fantasía. O personaxe do vencido é sinónimo de fracasado. Unha crítica ao final da fidalguía que vende todo.
Escena 3: entrada da morte. El cítase cunha dona e esa noite el morre. Escena IX: os espellos adquiren características máxicas: o home faise reflexo das sombras que estaban nos espellos. Marcha da vida para reunirse co que estaba no espello; marcha a través dunha fenda.