O teatro do século de ouro español: Comedias de Lope de Vega e Calderón de la Barca

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,47 KB

Aínda que estas obras se coñecen como comedias, no seu desenvolvemento entremézclase o cómico (personaxes de baixa condición e predominio dos acontecementos divertidos) e o tráxico (personaxes nobres e feitos desgraciados), como na vida real. Aínda así, case sempre o final é feliz.

Personaxes recurrentes

Os personaxes creados por Lope aparecen de forma recurrente:

  • En ocasións, o protagonista é un cabaleiro novo, honrado e noble, caracterizado pola súa valentía e pola defensa da monarquía. Enamórase dunha dama, modelo de intelixencia, beleza e astucia, e eixe da trama dramática. Moitas veces o cabaleiro entra en disputa con outro personaxe do mesmo rango polo amor da dama.
  • O villano é un personaxe do pobo, que será tratado con gran respecto por ser cristián vello, traballador e honrado. Iso débese a que a maioría do público que asistía ás representacións pertencía a ese grupo social e, por tanto, era quen sufragaba o espectáculo, polo que había que gañarse a súa benevolencia (Fuenteovejuna de Lope de Vega ou O alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca).
  • Se a comedia desenvolve un asunto de honra, aparece o personaxe do pai, defensor da súa filla, que reclama sempre xustiza; en outras ocasións este papel o asume o marido celoso, moito máis vingativo.
  • O gracioso é un personaxe característico destas comedias. Distinguese por ser un criado glotón e chistoso que acompaña ao protagonista principal e encárgase de poñer o contrapunto ás escenas máis serias. As súas aventuras corren paralelas ás do seu señor.
  • O rei é outro dos personaxes que aparecen habitualmente, ben como monarca novo e alocado ou como rei maduro encargado de impartir xustiza.

Variedade métrica e estrófica

As comedias presentan gran variedade métrica e estrófica. Lope sistematiza o emprego de romances, redondillas, décimas, sonetos, etc., para cada unha das situacións dramáticas. Escribíanse en verso, non en prosa.

Temas fundamentais

A principal fonte de argumentos é a Historia nacional, temas fundamentais deste teatro: defensa da monarquía, da relixión e da honra. Nesta época enténdese por honra a boa opinión ou fama dunha persoa, adquirida grazas á virtude ou ao mérito. Esta pode perderse por actos propios (traizón) ou alleos (infidelidade). Nese último caso, impónse unha vinganza inmediata que restitúa a honra perdida.

Entradas relacionadas: