Teoría do coñecemento: Realismo-Empirismo vs Idealismo-Racionalismo vs Idealismo trascendental

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,85 KB

Vocabulario:

1. Conocemento: Capacidade que posúe o home de aprehender información sobre o seu entorno e sobre si mesmo. 2. GNOSEOLOGÍA: Parte da filosofía que estuda a orixe, a validez e a estrutura do coñecemento en xeral. 3. EPISTEMOLOGÍA: Parte da filosofía que estuda a orixe, a estrutura, os métodos e a validez do coñecemento científico. Tamén é teoría da ciencia ou filosofía da ciencia. 4. Teorías do coñecemento: Visións de cada filósofo sobre como podemos coñecer o mundo. 5. Estímulos: Sinais externas ou internas capaces de provocar unha reacción ou respostas dun organismo. 6. Sensación: Consecuencia da percepción sensorial mediante a que se informa ao sistema nervioso da aparición dun estímulo (externo ou interno), que é captado por células sensoriais específicas que activan neuronas sensitivas xerando un impulso nervioso que se transmite ata o centro nervioso correspondente, onde se produce a interpretación do mensaxe. 7. Sensibilidade: Conxunto dos meus sentidos. 8. Percepción: Proceso psicolóxico mediante o que se relacionan as sensacións para obter coñecemento dunha cousa ou situación completa. 9. Imaginación: Capacidade de producir imaxes da experiencia. 10. Memoria: Capacidade de almacenar información (imaxes e esquemas) e usala despois para recoñecer e recordar. Conxunto de almacéns sucesivos. 11. Intelixencia: Capacidade de comprender as miñas experiencias. 12. Razón: Capacidade de formar ideas, razonar como deducir ou inducir e argumentar.


Teoría do coñecemento: Realista-Empirista (Aristóteles, Hume):

O suxeito parte da sensibilidade, de onde obtén a experiencia e a razón que ordena a experiencia. O obxecto da experiencia é a natureza e todo o que é exterior ao suxeito, e os límites do coñecemento están na propia experiencia máis aló da cal é imposible ir. Idealista-Racionalista (Platón, Descartes): O suxeito parte da razón como a fonte do coñecemento, os sentidos nos enganan, e a razón serve de contidos innatos que traemos desde o noso nacemento. O obxecto de coñecemento é o mundo e as súas propiedades, pero descuberto desde o interior do suxeito. Os límites do coñecemento están na capacidade de cada un de interiorización e de raciocinio: intuír e deducir. Idealista trascendental (Kant): Trátase dunha fusión entre idealismo e realismo. No suxeito utiliza a sensibilidade e a intelixencia (entendemento e razón), que funcionan en conxunto. O obxecto do coñecemento é o suxeito e a natureza como resultado da miña experiencia de ambos. Os límites do coñecemento estarán nos límites da miña experiencia e non poderei ir máis aló do que as miñas estruturas 'a priori' do coñecemento permiten e son o espazo e o tempo para a sensibilidade, e as categorías e principios para o entendemento.

Entradas relacionadas: