Transporte Ferroviario, Marítimo e Aéreo en España

Clasificado en Economía

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,78 KB

Transporte Ferroviario

Entre o século XIX e principios do século XX, o ferrocarril foi o principal medio de transporte. As características deste transporte son:

  • Compóñese de 3 redes: RENFE, con estrutura radial e arboriforme, ferrocarriles de vía estreita e a rede de alta velocidade (AVE)
  • O tráfico de viaxeiros ten que reorientarse.
  • Existen importantes desequilibrios territoriais en equipamentos e investimentos.
  • O P.E de Infraestruturas de transporte dá prioridade ao transporte ferroviario.
  • A rede ferroviaria española aspira a unha mellor integración coa da UE.

Transporte Marítimo

Este transporte caracterízase por:

  • A rede portuaria está distribuída entre o Estado e as CCAA.
  • O tráfico de viaxeiros e mercancías presenta grandes contrastes: o tráfico de viaxeiros é escaso, o tráfico internacional de mercancías ten enorme importancia.
  • Os portos requiren melloras técnicas e costosas infraestruturas.
  • O P.E.I.T prevé a especialización dos portos como centros de distribución de mercancías.

Transporte Aéreo

Este transporte experimentou un rápido desenvolvemento debido ao crecemento da renda, aumento da demanda turística e aumento de voos internacionais. As características son:

  • A rede de aeroportos é bastante ampla.
  • O tráfico de pasaxeiros e mercancías presenta notables diferenzas, (o tráfico de mercancías é escaso polo alto custo).
  • Existen desequilibrios territoriais no tráfico aéreo, os principais aeroportos atópanse nos núcleos urbanos e económicos (Madrid, Barcelona, Mallorca).
  • O PEIT prevé potenciar as funcións económicas nos aeroportos.

Entradas relacionadas: