Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion,

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,42 KB

a)A 1 é un gráfico lineal con dous eixos, no horizontal aparecen os intervalos cronolóxicos do 1861‐2015, representando a taxa de natalidade e a de mortalidade, e no vertical as taxas en tantos por mil, a fonte é o INE. A 2 é un mapa de coropletas que presenta unha división administrativa en provincias, presenta unha lenda e unha escala gráfica, a fonte é España a través de los mapas.b)Badaxoz, Biscaia, Cantabria, Lleida, Pontevedra.c)-Réxime demográfico antigo ata 1893, caracterizado por moi altas taxas de natalidade e mortalidade, co resultado de escaso crecemento da poboación. Neste réxime demográfico, propio de sociedades rurais, existía unha alta mortalidade infantil. Na gráfica sobresae o pico de mortalidade de 1885 causado por unha epidemia de cólera. Na década de 1880 a 1889 a tuberculose, o xarampón e outras enfermidades constituíron o 41% dos falecementos.-Inicio da transición demográfica, que dura ata 1963 caracterizada por una baixada da mortalidade, polo desenvolvemento económico e a mellora das condicións de vida. A natalidade descende de forma suave, sendo así o crecemento natural da poboación elevado. Nesta fase sobresae a gripe española de 1918 e a Guerra Civil española (1936‐1939) ambas polo incremento da mortalidade-Final da transición demográfica a comezos dos anos 80. A mortalidade mantívose baixa pero a natalidade continuou descendendo, reducíndose o crecemento natural. A incorporación da muller ao mundo laboral e os métodos anticonceptivos foron a causa do descenso da natalidade.‐Segunda Transición Demográfica, desde os comezos do século XXI. As taxas de natalidade e mortalidade seguen sendo moi baixas polo que o crecemento é nulo. A chegada de inmigrantes permite un breve crecemento da natalidade. d)-A situación económica de crise a partir de 1975 incrementou a idade media de matrimonio e acurtou o período fértil das mulleres.-Cambios de mentalidade desde a transición á democracia, como o uso de anticonceptivos- Lixeira recuperación na actualidade grazas á inmigración estranxeira.-Lixeiro aumento da mortalidade desde os 80 debido ao envellecemento da poboación.-Crecemento natural descendeu ata o final da centuria anterior polas baixas taxas de natalidade e de mortalidade.

Entradas relacionadas: