Vaguedas rosalia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,04 KB

Follas novas: Foi publicada en Madrid no ano 1880. Consta de 137 poemas, clasificados en cinco apartados, que son: Vaguedás, ¡Don íntimo!, Varia, Da terra e As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos. Podemos clasificar os cinco libros en dous grandes apartados. - A lírica solitaria: Vaguedás, que consta de 20 poemas, nos que reflexiona sobre a escrita feminista e os trazos e contidos da súa obra. ¡Do íntimo!, que ten 36 poemas, nos que exterioriza as súas reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana, a perda de ilusións...

- A lírica solidaria: Da terra, que ten só 9 poemas nos que Rosalía expresa que sente indentificada co pobo galego. As viúdas dos vivos e asi viúdas dos mortos, con 31 poemas nos que a autora céntrase na emigración e as causas que o provocan.

Varia ten 40 poemas nos que Rosalía fanos ver a realidade múltiple e compleza que rodea a voz que falou anteriormente. Escola rosaliana: Destacou Valentín Lamas Carvajal, Filomena Dato Murais e Francisca Herrera Garrido.


 Eduardo Pondal: Naceu en Ponteceso no ano 1835, marchou en 1847 a Santiago a estudar bacharelato e a carreira de Medicina que rematou no 1860. Morreu no 1917. Os primeiros poemas de Pondas están escritos en español e son de temáticas ROMántico-amorosa. No ano 1866 escribe unha novela autobiográfica en español titulada Juan Pérez.

A primeira composición en galego que llecoñecemos é A campana de Anllóns (1858) na que fala dun soldado prisioneiro en Orán e que sente morriña das paisaxes de bergantiños. En 1877 aparece o libro Rumores de los pinos, que consta de 21 poemas en total, 8 en español, 11 en galego e 2 en ambas linguas. No 1884 publica Gandreiras.

Entradas relacionadas: