As Vangardas Artísticas: Futurismo, Imaxinismo e Cubismo

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en con un tamaño de 2,38 KB

As Vangardas

Futurismo

Movemento artístico de vangarda orixinado en Italia a partir do século XX. Tenta romper cos valores estéticos do pasado. Reivindica o futuro e a técnica moderna, a velocidade e as máquinas.

Características:

  • Novo sentido do espazo
  • Exaltación do sexual, o nacional…
  • Adoración da máquina como prolongación do home intelixente
  • Retratar a realidade en movemento
  • Suprímese o eu poético
  • Destrución da sintaxe e a puntuación

Artistas destacados: Umberto Boccioni, Luigi Russolo

Exemplo (obra): Dinamismo de can con correa

Imaxinismo

Movemento poético propio da vangarda galega inspirado na poesía popular. A súa innovación consiste en novas imaxes e ritmos. A identificación coa paisaxe é constante na cultura galega e fúndese no 1º terzo do século XX coas tendencias literarias procedentes de diversas escolas, dando como resultado o imaxinismo ou hilozoísmo.

Luis Amado Carballo é o máximo representante. Características:

  • Poesía a medio camiño entre a tradición e as vangardas
  • Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista (con cores amables)
  • Mestura imaxes de raíz vangardista con métrica e ritmos populares: visión mimada da paisaxe
  • Uso de oracións simples
  • Estraxeirismos

Cubismo

Movemento artístico desenvolvido entre 1907 e 1914. Naceu en Francia e encabezouno Pablo Picasso coa súa obra: Guernica (óleo pintado sobre lenzo) en 1937, título que fai referencia ao bombardeo de Guernica.

Características:

  • Na pintura desaparece a perspectiva tradicional
  • As formas da natureza aparecen representadas por medio de figuras xeométricas
  • Non existe un punto de vista único
  • Non hai sensación de profundidade
  • Elimínanse as cores típicas do impresionismo

En canto á literatura, podemos dicir que destacan os caligramas, que eran poemas, frases ou palabras cuxo propósito é formar unha figura acerca do que trata o poema, no que a colocación e a caligrafía configura unha imaxe visual do poema. Os caligramas naceron na segunda década do século XX. O máximo representante foi Guillaume Apollinaire.

Entradas relacionadas: