As Vangardas na Literatura Galega: Autores e Obras

Otras lenguas extranjeras2,56 KB

Co comezo do século XX, aparecen por toda Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas.

Todos estes grupos naceron con vontade de explorar novos camiños, ás veces en aberta ruptura con todo o anterior.

O único manifesto vangardista da nosa literatura foi o manifesto asinado polo poeta Manuel Antonio e o debuxante Álvaro Cebreiro, co último de Máis Alá (1922).

Na procura de novos camiños expresivos (futurismo, cubismo, dadaísmo e surrealismo) crearon moitas técnicas novas: a libre asociación de imaxes, as colaxes e caligramas, a supresión dos signos de puntuación, unha nova función das imaxes e metáforas literarias, etc.

A existencia da poesía galeguista debeuse ao afán modernizador e europeizador que tanto as Irmandades como o Grupo Nós desexaban para a cultura galega. Naceu así unha nova xeración de autores que renovou a poesía galega incorporando as novidades das vangardas sen renunciar ás constantes antropolóxicas da literatura galega nin ao sentimento.

Os poetas vangardistas galegos danse a coñecer contra 1925. Tiñan acceso á información e á publicación da súa obra a través de revistas como Alfar, Ronsel, Resol, Papel de Color, Yunque e Cristal, nas cales colaboraron outros autores como Breton.

Creacionismo de Manuel Antonio

O principal representante do creacionismo na literatura galega foi o rianxeiro Manuel Antonio. Foi consecuente co rupturismo das vangardas e rachou coa tradición literaria galega. A súa creación quixo ser unha interpretación libre e persoal da liberdade. Este "ismo", creado por Vicente Huidobro, propoñía a liberdade absoluta do poeta, quería destruír as normas da poesía vixente fuxindo da anécdota argumental, do poeta, quería destruír as normas da poesía vixente fuxindo da anécdota argumental, do sentimentalismo, da rima e do ritmo e aspiraba a construír o poema sobre a xustaposición de imaxes e metáforas de interpretación múltiple, pero non chega a descargalos de todo humanismo.

Hilozoísmo

É un movemento inspirado na poesía popular. A súa innovación consistiu en vestir a tradición de novas imaxes, novos ritmos... O autor creador do movemento foi Amado Carballo.

Neotrobadorismo

É un movemento que imita a poesía medieval. Xurdiu en 1928 a partir da divulgación das cantigas de amigo e de amor a través da edición de Joaquín Nunes.

Descargar

PDF Word HTML