A verdade segundo Nietzsche e a crítica ao Nihilismo

Clasificado en Francés

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,88 KB

Qué es la verdad, según Nietzsche, y por qué

La verdade segundo Nietzsche

La verdade del conocimiento NON É la correspondencia coa estrutura da realidade, a coherencia ou a evidencia racional, SINO A UTILIDADE  de unha perspectiva, dunha estimación para a vida (se a favorece ou non).

Crítica ao Nihilismo

O Nihilismo é a historia de Occidente,  a historia  da súa decadencia pola imposición de  valores inadecuados e ficticios, a creencia nun mundo obxectivo, verdadeiro, inmutable e racional como fundamento de todo. Esta historia comezou xa no mundo grego.

A época de esplendor do mundo grego era o tempo anterior á aparición da filosofía, o mundo da arte tráxico e da relixión politeísta como expresión da vida.O inicio da decadencia está en SÓCRATES ( o gran traidor do espírito dionisiaco polo seu intelectualismo moral)  e PLATÓN ( o gran calumniador da vida, un cristiano anticipado polo seu filosofía dualista), que recollen tradicións presocráticas tiznadas de decadencia ( os eleatas, Parménides especialmente). Con eles comezou a dominar en Occidente  a actitude de rexeitamento á vida, o odio ao devenir, a vinganza cara á vida e a fuxida cara a un refuxio ( un mundo inventado, distinto e mellor ca éste). Con eles dase a condena do dionisiaco a favor do apolíneo, aparece a metafísica como a máxima mentira sobre o mundo unida a  la moral dos escravos, e á exaltación da razón.

Occidente vése inundada de:

- valores suprasensibles opostos á vida: A Verdade, A Beleza e O Ben

- conceptos baleiros de contido: o intelixible, o Ser, a substancia, a causa..

-  os grandes principios da Lóxica, falaces e encubridores da realidade, como son o principio de identidade, de causalidade.

A decadencia de Occidente (o Nihilismo) nace, pois, co PLATONISMO ( ou idealismo)  o dualismo onto-epistemolóxico e a súa moral antivital, que non se reduce á filosofía de Platón.

O Cristianismo ocúpase de facer total a presenza destes valores antivitais, facendo do platonismo filosófico PLATONISMO PARA O POBO, a manifestación máis poderosa na historia universal dun extravío dos instintos sufrido polo home europeo, o dominio de a moral dos escravos, do rebaño. Toda a historia de Occidente e a súa cultura véñense afectadas polo Cristianismo,  también a Filosofía, pois todos os filósofos teñen sangue de teólogos nas veas.  A partir do Renacemento houbo nihilismos parciais nos que a negación da vida se manifesta intentando buscar valores que substitúan aos platónicos e cristiáns:

- a filosofía de KANT ( un cristián alevoso) con a súa MORAL baseada na razón, no deber, na alma e Deus como postulados;  e a súa metafísica baseada no Fenómeno oposto ao Noúmeno ( a cousa en sí)

- o Socialismo, que pretende substituir os ideais do Cristianismo coa promesa da felicidade neste mundo

- o Positivismo, cos seus valores científicos e tecnolóxicos, prolongación dos erros da filosofía.No século XIX, Nietzsche ve a instauración dos mesmos valores decadentes identificados con algunha forma de valor absoluto: o Progreso, a Revolución, a Ciencia, o Estado, a Nación, a Raza...

Este Nihilismo histórico desemboca na época de Nietzsche ( no XIX) na pérdida da fe nos valores tradicionais,  e a ausencia de valores alternativos, que se expresa no berro de Zaratustra ¡Dios ha muerto!

Ante a “muerte de Dios” ( a pérdida de fe nos valores tradicionais), xurde a actitude do  nihilismo pasivo/reactivoO nihilismo pasivo/reactivo non crí en ningún valor, posto que considera que todo valor é posible só se Deus existe, e Deus non existe. A vida carece de sentido, é algo inconsistente. Vívese con resignación, con resentimento (odio e rabia cara ao que se ten), negando os instintos, a sexualidade, a individualidade....Termina no PESIMISMO,  a desesperación, a inacción, a renuncia ao desexo.

Nietzsche quere superar este nihilismo pasivo/reactivo, e por iso considera que ante a “muerte de Dios” pode existir tamén a actitude do nihilismo activo, a NEGACIÓN ACTIVA dos valores decadentes que destrúe ese mundo irreal de "valores absolutos". E este nihilismo filosofa " a martillazos" para acabar coa decadencia. Leva a cabo a crítica a todos os ámbitos da cultura, requisito previo para a transmutación dos valores. . A filosofía crítica de Nietzsche é unha filosofía nihilista neste sentido: destrúe os valores decadentes para instaurar valores vitais.
AIbEiAIAAABCCKPgyaDJt8omIgt2Y2FyZF9waG90ResponderReenviar

Entradas relacionadas: