Xerundio conxugado

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,24 KB

Clases de oracións subordinadas

Segundo a función Que cumpran, diferenciamos:

-Subordinadas substantivas. Desempeñan calquera das función propias dos Substantivos (suxeito, CD, suplemento, etc.). Poden ir introducidas pola Conxunción que: Necesito [que Me deas unha solución].CD

-Subordinadas adxectivas. Desempeñan a función propia do adxectivo, é dicir, Modificador do núcleo. Normalmente van introducidas por un pronome relativo (que, o cal…): Este é o libro [que perdera].MOD

-Subordinadas adverbiais. Desempeñan unha función propia dos adverbios: CC (de Lugar, de tempo, de modo…). Van introducidas por adverbios ou locucións Adverbiais: Agárdote[onde ti me digas]. CCL

Oracións subordinadas Substantivas

Segundo a función Que desempeñen en relación coa oración principal, poden ser:

-Subordinadas substantivas de suxeito. Xeralmente van introducidas pola conxunción que: Convén [que repases a Materia]. [Canto teño] Vai ser para ti.  [Quen chegue Tarde] quedará en terra.

-Subordinadas substantivas de CD. Normalmente van introducidas por queou se(nas interrogativas Indirectas): Helena dixo [que chegaría Mañá].

Dime [se vas vir].

-Subordinadas substantivas de CI. Van introducidas poola preposición a.

Doulle a miña bici vella [a quen a queira].  

-Subordinadas substantivas de suplemento. Van precedidas pola preposión esixida polo verbo + o Nexo que, quen: Contaba [con que acabaras antes o traballo].Decateime [de que xa era Moi tarde].

-Subordinadas substantivas de Atributo. Funcionan como atributo en oracións copulativas. Van Introducidas por artigo + que ou quen:  

Estes rapaces son [os que veñen de excursión]. Hoxe Estou [que Non podo máis]. Maside foi [quen pintou todos eses cadros].

-Subordinadas substantivas de predicativo. Son oracións que teñen como predicado un participio Ou un xerundio, que se refire simultaneamente ao verbo e ao suxeito ou ao Suxeito e ao CD: Deixei a Xulio [deitando os Nenos].

-Subordinadas de complemento axente. Van introducidas pola prep. por:

O trofeo foi entregado [por quen o gañara na edición Anterior].

-Subordinadas substantivas de complemnto do nome, Dun adxectivo e complemento do adverbio. Funcionan como complemento ou modificador dun Subst., adxect., ou adverb. Pertence á oración principal. De que:

-Compl. Subs: Tiña a esperanza [de que chegases pronto].

-Compl. Adxect.: Estou moi triste [de que marches tan lonxe].

-Compl. Adverb.: Vive cerca [de onde está o cruceiro].

Entradas relacionadas: