O xurdimento do Terceiro Mundo e a Guerra Fría

Clasificado en Francés

Escrito el en catalán con un tamaño de 3,04 KB

O xurdimento do Terceiro Mundo

A independencia política dos países colonizados non foi acompañada dunha economía, xa que na maioría dos novos estados se mantiveron moitos dos intereses económicos das antigas metrópoles. Esta situación coñécese como neocolonialismo, unha nova forma de dominio que implica unha dependencia económica e cultural de moitas das antigas colonias respecto da súa antiga metrópole.

No contexto da política de bloques e de enfrontamento entre a Unión Soviética e os EUA, estes países xurdidos da descolonización manifestaron a súa vontade de non seren simples peóns da política internacional das grandes potencias e expresaron o seu dereito a decidir o seu destino e a afrontar o problema da pobreza.

Con estes obxectivos reuniuse a Conferencia de Bandung, que acolleu os representantes de 29 países africanos e asiáticos recentemente descolonizados e na que destacaron as intervencións de líderes como Sukarno, Nehru e Nasser.

A afirmación da potencia estadounidense

A Segunda Guerra Mundial implicou a hexemonia estadounidense sobre o mundo capitalista. O predominio dos EUA apoiábase na súa superioridade tecnolóxica e económica: dispuña de dous terzos das reservas de ouro e concentraba case o 50% de toda a riqueza do planeta. Pero ademais gozaba de prestixio político polo seu papel decisivo na derrota do nazismo e do fascismo, e posuía unha enorme potencia militar.

A actuación dos EEUU centrouse en dous obxectivos primordiais que eran manter a súa primacia sobre o mundo capitalista e frear a expansión comunista.

A sociedade soviética

Presentaba dous grandes grupos sociais:

  • Un maioritario, constituído por asalariados e campesiños.
  • Outro formado por intelectuais e profesionais.

O conxunto da poboación, aínda que tiña un acceso a bens de consumo moi reducido, asistiu paulatinamente a unha certa mellora do nivel de vida. Desde aquela garantiuse para todos os cidadáns o traballo, as pensións, as vacacións pagas, a vivenda, a educación e a sanidade.

As reformas de Gorbachov

En 1985, Gorbachov foi elixido secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética e iniciou un proceso reformista para lles facer fronte aos problemas da URSS.

  • No ámbito económico: Propuxo a perestroika, un plan para revitalizar a economía e aumentar a produción de bens de consumo.
  • Na política: A glasnost suprimiu a censura e o monopolio do partido comunista, á vez que se recoñeceron outros partidos e se iniciou a reforma das institucións.

En 1990 convocáronse as primeiras eleccións libres, que lle deron a presidencia da República Federal de Rusia a Boris Yeltsin.

En política exterior, propiciouse o diálogo cos EEUU para negociar os conflitos e avanzar no desarmamento. Tamén se reorientaron as relacións co bloque de países comunistas co fin de animalos a seguir o seu propio proceso reformista.

Entradas relacionadas: