Zaratustra: A morte de Deus e o superhome

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,29 KB

Zaratustra

1. A morte de Deus
2. O superhome


A morte de Deus

Cando Nietzsche predica a morte de Deus non quere dicir que Deus existiu e despois morreu (un absurdo). Esta tese simplemente sinala que a creencia en Deus morreu, expresa o fin de toda creencia en entidades absolutas. Veamos os principais aspectos desta concepción:
  • Dios non crea ao home, senón o home a Dios.
  • A creencia en Dios serve para dar consolo aos homes da miseria e sufrimento existente neste mundo; é unha consecuencia da vida decadente e incapaz de aceptar o mundo na súa dimensión tráxica.
  • “Morte de Deus”: Nietzsche considera que estamos ante un acontecemento actual; estamos nun tempo histórico clave pois observamos a necesidade do seu final.
  • “Concepto de Dios”: Nietzsche refírese ao Deus do cristianismo, pero tamén a todo aquilo que pode substituílo, porque Dios non é unha entidade, senón un lugar, unha figura posible do pensamento.
  • Consecuencia da “morte de Dios”: para Nietzsche con dita “morte” podemos e debemos vivir sen o absoluto, na “inocencia do devenir”. É a condición para a aparición do superhome.


O superhome

Nietzsche anuncia que Deus morreu. Non é que non existise, senón que foi asasinado. Este asasinato inaugura un tempo novo: xa non hai normas, referentes, guías, valores, principios erixidos por enriba noso.
Ante a morte de Deus só se pode optar entre ser o último superhome, aquel que vive o final da civilización tradicional; ou ser o superhome, o novo home, aquel que di si á vida e crea os seus propios e novos valores.
Él ve na súa época a época do último home, aquel que vive o triste final dunha civilización tradicional, na que dominaron os valores que xa non serven e están a caer, están a agonizar.
O superhome é o polo oposto do último home. É o único que está á altura de cometer o asasinato de Deus. O superhome non ten máis deuses que el mesmo (sentido inmanente da vida).
Nietzsche proclama “están mortos todos os deuses, agora queremos que viva o superhome”. O superhome dará un novo sentido á realidade, creará novos valores non fundamentados no máis alá, senón neste mundo.

Entradas relacionadas: