Análisis de la Narrativa Galega Contemporánea
A Novela Histórica
Os autores trataban motivos relacionados coa historia de Galicia. Destaca Xesús Rábade Paredes, con obras como Morrer en Vilanquinte.
A Novela de Xénero
Grupo de autores que cultivan un tipo de novela que escapa aos asuntos de identidade comunitaria. O feito fundamental desta etapa é que a novelística se comeza a introducir en áreas consideradas periféricas.
A Novela Negra
Carlos G. Reigosa
Gañou o Premio Xerais con Crime en Compostela, obra que inicia a novela negra e aposta pola producción literaria “popular” no sentido de que vai destinada a un público moi amplo.
A Narrativa Feminina
María Xosé Queizán: Amor de Tango.
Margarita Ledo Andión: Mamá-Fe, libro de relatos.
Narrativa Experimental
Suso de Toro
Principal cultivador deste tipo de narrativa, guiada polo vanguardismo e a ruptura coa tradición, con textos que reflicten o caos que rexe a sociedade. Obras: Polaroid, Tic-tac, Calzados Lola (obra coa que gaña o Premio Blanco Amor).
A Narrativa dos Noventa
Establécese de xeito definitivo o xénero novelesco no sistema literario galego. Un dos feitos máis significativos desta década é a tendencia á diversificación de xéneros, proliferando así xéneros iniciados na etapa anterior.
A Novela Negra
O conxunto de todas estas pezas narrativas podería clasificarse en catro grupos:
- As que se acollen ao modelo da filmografía estadounidense (protagonista cínico, duro, solitario e autodestructivo).
- As que se adaptan aos modelos culturais do país, ambientándose ás veces na chamada “Galicia profunda”.
- As de vocación rupturista, claramente vanguardistas, que se achegan ao xénero negro desde a parodia e a crítica.
- Un grupo de obras coas características xerais destas producción, pero con elementos referidos á realidade de Galicia e que escapan ao concepto de “literatura popular”.
A Ficción Futurista
Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos, gañadora do Premio Blanco Amor.
A Novela de Terror
Foi un dos xéneros que máis triunfou na década dos 90 xunto co policíaco. Destacan autores como Xosé Miranda.
A Novela Histórica
Tómanse episodios do pasado como pretexto para narracións centradas en aspectos psicolóxicos ou existenciais. Tamén se segue cultivando a novela de iniciación e a xeracional.
A Narrativa Histórica Contemporánea
Esta vía novelística preocúpase por aspectos históricos contemporáneos centrados no conflito entre a vida rural e urbana, mesturando realismo e fantasía.
Manuel Rivas: As voces baixas (2012), O último día de Terranova (2015), coa obra Que me queres amor? que gañou o Premio Nacional de Literatura.
A Narrativa Fantástica e Maravillosa
Tendencia novelística na que a narración une aspectos realistas e fantásticos, guiada por un historicismo utópico que presenta recorrencias temáticas.
Darío Xohán Cabana: tocou todos os xéneros literarios. Obtivo o Premio Xerais por Galván en Saor. Outras obras: Fortunato de Trasmundi.
A Narrativa Experimental
Hai unha necesaria diversificación de criterios que se ve plasmada na tendencia á fragmentación da unidade narrativa. De aí a proliferación de obras con rexistros dispares e códigos doutros xéneros ou doutras artes.
Xurxo Borrazás: recibe o Premio da Crítica Española por Criminal.
A Narrativa Infantil e Xuvenil
Sufriu un auxe debido á consolidación do galego nas aulas, ao labor dos docentes e ao fomento e extensión dos hábitos de lectura entre os rapaces.
Agustín Fernández Paz: Contos por palabras, Cartas de inverno.
Fina Casalderrey Fraga: Quen me quere adoptar?