Argumentación e Textos Prescriptivos: Elementos, Tipos y Lenguaje en Galego
A argumentación: 1. A argumentación e os seus elementos. A argumentación é un tipo de discurso que ten como finalidade defender unha idea ou unha opinión alegando razóns.
Elementos:
- O obxecto ou tema da argumentación: a tese, que é a opinión que sostén o emisor.
- Os argumentos ou razóns que alega o emisor.
2. Estrutura da argumentación
Pódense distinguir as seguintes partes:
- Introdución: preséntase o tema.
- Exposición: contén a tese e os aspectos relevantes.
- Argumentación: é a parte esencial do texto, na que se presentan os argumentos.
- Conclusión: resúmense os aspectos máis salientables.
3. Os argumentos
Hai dous tipos:
- Argumentos racionais: basean-se no razoamento que permite valorar e analizar os feitos con obxectividade.
- Argumentos afectivos: basean-se nas emocións e nos sentimentos que pretenden conmover e persuadir ao receptor por medios non racionais.
Os textos argumentativos:
1. Tipos de textos argumentativos
Os máis importantes son:
Textos administrativos
- Solicitude ou instancia: empregase para solicitar algún servizo da administración.
- Reclamación: empregase para manifestar a queixa perante un organismo.
Textos xornalísticos
- Artigo de opinión: recolle a opinión dunha persoa de prestixio sobre un determinado tema.
- Editorial: recolle a opinión do xornal en que se publica.
- Carta ao director: recolle o punto de vista dun lector.
Textos humanísticos
- Ensaio: é un escrito en que un autor expón as súas ideas sobre un tema de xeito argumentativo.
2. As linguaxes dos textos argumentativos
Na argumentación adoita empregarse a linguaxe subxectiva, coa que o emisor dá a súa opinión. Iso válese de:
- Formas de primeira persoa, expresións de opinión e adxectivos valorativos.
- O uso da primeira persoa do plural e de oracións interrogativas, exclamativas e exhortativas.
- As citas: a alusión á opinión dun experto na materia, denominada argumento de autoridade.
- Conectores lingüísticos específicos, que poden ser:
- De causa: xa que, porque.
- De consecuencia: polo tanto, de xeito que.
- De oposición: así mesmo, pero.
A ARGUMENTACIÓN NOS XORNAIS
1. A argumentación nos medios
Ademais de informar, os medios de comunicación teñen a misión de orientar o público para que interprete os feitos e os acontecementos dun determinado xeito.
Os xéneros xornalísticos argumentativos
Os principais xéneros xornalísticos de carácter argumentativo son:
- O artigo de opinión: é un texto xornalístico argumentativo no que o autor expresa as súas reflexións sobre un tema de actualidade.
- O editorial: é un texto xornalístico argumentativo no que se reflicte a actitude ou a opinión xeral ante unha determinada cuestión.
Outro texto xornalístico é a carta ao director, que ten un carácter argumentativo. Esta ten que ir asinada e aparecer o nome, domicilio, teléfono e número do DNI.
PRESCRICIÓN:
1. Os textos prescritivos
A prescrición é un tipo de discurso que propón guiar ao receptor na realización dunha tarefa. Pódense distinguir dous tipos de textos prescritivos:
- Os textos normativos: código de circulación, normas e leis...
- Os textos instrutivos: regras de xogo, instrucións de uso...
2. Estrutura dos textos prescritivos
Distinguimos dous elementos:
- Meta: é o obxectivo que se pretende conseguir.
- Programa: é a serie de instrucións que conducen á meta proposta.
3. A linguaxe dos textos prescritivos
Busca a obxectividade, a claridade e a precisión. Nestes textos predominan as formas verbais en infinitivo ou imperativo, xunto ás oracións impersoais. Os conectores temporais ou de orde son os máis empregados (en primeiro lugar, a continuación, finalmente).
español con un tamaño de 4,92 KB