As consecuencias sociais da Gran Depresión e as políticas económicas de entreguerras
As consecuencias sociais da crise
A economía capitalista non coñecera nunca un retroceso tan espectacular. Pero máis terribles foron as súas consecuencias sociais, tanto nos países industrializados como nos menos desenvolvidos. Calcúlase que no mundo industrializado de 1932 había arredor de 30 millóns de parados, dos cales 12 millóns estaban en Estados Unidos.
A miseria e o medo á fame estendéronse especialmente entre obreiros e labregos, aínda que tampouco se salvaron as clases medias. O sentimento de inxustiza contra o poder e o sistema económico invadiu as sociedades capitalistas.
4 As políticas económicas fronte á depresión
O fracaso das solucións tradicionais
- As políticas deflacionistas: os gobernos tenderon a aplicar a receita clásica do liberalismo económico: a deflación, é dicir, fomentar a baixada dos prezos para reactivar o consumo.
- Os proteccionismos económicos: para protexer as súas industrias e a súa agricultura, os gobernos optaron por poñer barreiras ás importacións.
As políticas intervencionistas
O colapso do sistema xerou un debate arredor da revisión do liberalismo económico. Foi o economista Keynes quen propuxo unha maior intervención do Estado na economía.
O New Deal
Roosevelt puxo en marcha un programa de intervención económica estatal:
- Puxo en marcha un programa para sanear o sistema bancario.
- Emprendeuse un programa de fortes investimentos en obras públicas.
- Intentouse diminuír a produción agrícola para elevar os prezos dos produtos do campo.
- Favoreceu ás grandes industrias e forzou aos empresarios a aceptar melloras sociais.
- Crearon pensións de vellez e viuvez, seguros… sentando as bases do Estado de benestar.
5 Unha sociedade en transformación
As transformacións da segunda revolución industrial, o consumo de masas e a participación dos cidadáns na política grazas á extensión do sufraxio universal supuxeron profundos cambios para as sociedades occidentais. Alteraron a estrutura tradicional das clases sociais. A expansión de novos medios de comunicación xerou a aparición dunha cultura de masas baseada na imaxe e na palabra.
Cambios sociais
Unha nova xeración de burgueses afortunados e de empregados no sector terciario, e deuse un proceso de proletarización da clase media.
Novo papel social da muller
Acceso ao traballo nas fábricas, oficinas, servizos públicos, etc.