As Grandes Teorías da Evolución: Lamarck, Darwin e o Neodarwinismo

Otras lenguas extranjeras4,1 KB

Lamarckismo: Herdanza dos Caracteres Adquiridos

  1. Existe nos organismos a necesidade de cambiar (do simple ao complexo) para perfeccionarse.
  2. “A necesidade crea o órgano” → O uso dun órgano o fortalece, mentres que o desuso o debilita, e pode acabar por desaparecer.
  3. Os caracteres adquiridos ao longo da vida son transmitidos aos descendentes.

Darwinismo: Selección Natural

  1. Variabilidade nas poboacións: Existen diferenzas de nacemento entre individuos dunha poboación.
  2. Loita pola supervivencia: Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, entón existe competencia polo alimento e a procreación.
  3. Supervivencia dos máis aptos: Individuos que presentan características vantaxosas teñen maior facilidade para sobrevivir e, polo tanto, reproducirse e transmitir aos seus descendentes esta característica vantaxosa.

Teoría Sintética da Evolución (Neodarwinismo)

As variacións orixínanse por MUTACIÓNS e hérdanse como partículas individuais: XENES.

Fundamentos e Rexeitamento

  1. Rexeitouse o principio lamarckista da herdanza dos caracteres adquiridos, que Darwin nunca chegou a abandonar por completo.
  2. Queda definitivamente refugada a idea da herdanza como fenómeno de mestura, segundo a cal se mantiña que os trazos dos proxenitores se mesturaban na descendencia.
  3. Proponse unha nova teoría evolutiva: a Teoría Sintética da Evolución ou Neodarwinismo, que irmandou a teoría da selección natural cos novos descubrimentos procedentes da xenética, da paleontoloxía e da ecoloxía.

Principios Fundamentais

  1. A unidade evolutiva non é o individuo, senón a poboación.
  2. Os individuos de calquera poboación son portadores de diferentes alelos que se orixinaron por MUTACIÓN.
  3. Certos xenotipos (determinados por eses alelos) danlles aos individuos que os posúen maiores posibilidades de deixar descendencia. Nas xeracións posteriores, os alelos responsables destes xenotipos serán cada vez máis frecuentes.

Mecanismo da Selección Natural

  • As mutacións orixinan diferenzas hereditarias entre os membros dunha poboación.
  • Os individuos con diferenzas que lles proporcionen algunha vantaxe teñen máis probabilidades de sobrevivir.
  • Deixan máis descendentes.
  • En cada xeración aumenta o número de individuos portadores do carácter vantaxoso nese medio.
  • Co paso do tempo, isto leva ao cambio da poboación, resultando nunha poboación mellor adaptada ao seu medio.

Conceptos Clave e Evidencias da Evolución

Parentesco Evolutivo

Orixe común dos seres vivos. O parentesco depende da proximidade na que se atopa o seu antecesor común.

Definición de Evolución

A evolución implica que os seres vivos están constituídos pola mesma unidade básica (a célula) e comparten a mesma molécula (ADN) como soporte de información hereditaria, o que indica unha orixe común.

  • Os seres vivos cambian co paso do tempo.
  • A vida ten unha historia e cambiou ao longo do tempo.
  • Especies distintas teñen antepasados comúns.

Fósiles

Restos de organismos ou da súa actividade (marca da súa pisada: icnita) que viviron sobre a Terra en épocas pasadas e quedaron preservados.

Homoloxía e Analoxía

Homoloxía

Dúas estruturas son homólogas se son morfoloxicamente semellantes e se esta semellanza débese a que derivan dunha estrutura ancestral común. É o caso das ás do Pterodactylus e o morcego.

Analoxía

Dúas estruturas son análogas se son morfolóxica e/ou funcionalmente semellantes e se esta semellanza adquiriuse dun modo filoxeneticamente independente. É o caso das ás das bolboretas, os morcegos e as aves.

Probas da Evolución

Paleontolóxicas, biogeográficas, anatómicas, embriolóxicas, biomoleculares.

Descargar

PDF Word HTML