Historia da Lingua Galega e Evolución Sociolingüística
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 7,18 KB
Orixes e Primeira Presenza Histórica en Galiza
Antes do século I existían os celtas. Estes foron os que deixaron os castros (un poboado fortificado, polo xeral de carácter prerromano), as mámoas (unha sepultura xeralmente colectiva, constituída por un túmulo de terra en forma de casquete esférico que pode conter no seu interior unha cámara funeraria de pedra), petroglifos, etc. O emperador Caracalla creou a chamada Gallaecia. Mentres este gobernou, a lingua falada foi o latín, producíndose un profundo proceso lingüístico arredor desta. A romanización (séculos I-V) des faise o pobo romano en dous.
Coa chegada do século V, prodúcense as invasións xermánicas e en Galiza quédanse os suevos. Estes deixaron pegada no vocabulario relacionado coas guerras e tamén topónimos rematados en -iz (como Allariz ou Guitiriz). No século VIII fixeron acto de presenza os árabes, achegando palabras que empezan co prefixo al- (como alcachofa ou almofada). Ás persoas que seguían a falar latín en territorio árabe chamábaselles mozárabes.
Cando Isabel e Fernando contraen matrimonio, os seus reinos unifícanse e fúndase España. Estes dous eran os Reis Católicos e a súa primeira acción foi intentar conquistar Portugal.
A Idade Media: Esplendor e Normalización do Galego
Na Idade Media ábrese un novo período no que as linguas romances comezan a por por escrito os seus primeiros textos. Nesta época prodúcese unha complexa evolución política:
- A principios do século X (arredor do ano 900) existía Al-Andalus.
- Galiza nesa época recoñecía como rei a Alfonso VII. León pasaba a ter o mesmo monarca, aínda mantendo identidades diferentes.
- Navarra e Aragón fusionáronse, quedando como o Reino de Aragón.
- O Condado de Portugal separouse de Galiza e constituíse como reino independente.
- Máis tarde, Castela e León uníronse creando Castela-León, aínda que rapidamente pasou a denominarse simplemente Castela.
- Finalmente, Castela e Aragón, baixo o reinado dos Reis Católicos, uníronse para formar o que hoxe denominamos España.
As linguas faladas nesta época eran o galego (falado na chamada Gallaecia), o aragonés (lingua oficial de Aragón), o catalán (en Cataluña), o bable (en León e Asturias) e tamén o eúscaro (no norte de Navarra e no actual País Vasco).
Nesta época, o galego e o portugués non eran dúas linguas distintas; coñécese como galego medieval ou galego-portugués, unha lingua que naceu no sur do Miño.
Literatura Medieval e o Estatuto do Galego
Entre os séculos XII e XIII aparece unha nova corrente literaria en España denominada Literatura do Amor Cortés, escrita mediante a canço provençal, que tivo un éxito rotundo. A partir desta influencia xorde propiamente a literatura galega.
O galego nesta época era unha lingua normalizada, xa que cumpría todas as funcións dentro do territorio e non existía ningunha outra lingua competindo nel. Era empregado por todas as clases sociais e a totalidade dos rexistros escritos en Galiza facíanse en galego (non había nada escrito en castelán nesta época). As misas, pola súa banda, celebrábanse exclusivamente en latín.
Os Séculos Escuros (Séculos XV ao XIX)
Durante o século XVI prodúcese un punto de inflexión: comeza a falarse o portugués e detense a produción escrita en galego, rompendo a conexión cos séculos anteriores. Denomínase Séculos Escuros porque se deixa de cultivar a literatura escrita n esta lingua. Con todo, o galego seguiu a ser o idioma falado pola maioría da poboación (aproximadamente un 95%). É entón cando o galego se converte nunha lingua minorizada, comezando a perder funcións sociais e implantándose a diglosia.
Factores Políticos e Sociais da Decadencia
Tras a vitoria de Isabel a Católica fronte a Xoana a Beltranexa, toda a nobreza galega que apoiara a Xoana perdeu a guerra. Os nobres galegos foron reprimidos e eliminados progresivamente por Isabel, quen cedeu só unha mínima parte do territorio aos pequenos fidalgos locais. As altas esferas de poder pasaron a estar ocupadas por persoas achegadas a Castela, e o castelán consolidouse como a lingua de poder.
Os escribáns comezaron a levar a cabo a castelanización dos topónimos galegos. A Igrexa, pola súa banda, abandonou o latín en favor do castelán, convertendo a misa en galego nun feito sumamente raro na actualidade.
O Século XVIII: A Ilustración
O século XVIII trae consigo a Ilustración e as voces destacadas do Pai Feijoo e o Pai Sarmiento. Ambos defenderon o galego, argumentando a súa procedencia latina e sostiendo que a escola debería impartirse nesta lingua.
O Século XIX: Cambios Globais e Rexurdimento
O século XIX trae profundas transformacións no mundo occidental, destacando dous fitos históricos fundamentais:
- 1789 - A Revolución Francesa: Supuxo a caída da monarquía e da maioría da nobreza, establecéndose unha república e un sistema electoral baseado na riqueza.
- A Revolución Industrial.
Situación Económica, Emigración e Burguesía
Galiza arrastraba un atraso estrutural dos séculos anteriores que non logrou recuperar. Mantívose unha economía agraria, con pazos cuxos coitadores vivían do gando e das terras. Ante recurrentes episodios de fame, rexistrouse unha masiva emigración cara a América no século XIX e cara a Europa no século XX, na que marchaban miles de persoas, principalmente homes.
A produción urbana aumentou e en Galiza xemeu unha burguesía que accedeu ao poder, residía nas cidades e vivía de rendas ante a falta de tecido industrial. Esta burguesía culta, que falaba habitualmente en castelán, deu paso posteriormente ao Rexurdimento. Paralelamente, produciuse un achegamento ao movemento estético do romanticismo e xurdiu a prensa escrita, redactada exclusivamente en castelán.
O Século XX: O Franquismo e a Ruptura
Entre os anos 1936 e 1939 tivo lugar a Guerra Civil española, froito do fascismo (ideoloxía, movemento político e forma de goberno de carácter totalitario, antidemocrático e ultranacionalista de extrema dereita). Tratouse dunha ditadura marcada pola violencia, o militarismo e, posteriormente, polo racismo. O franquismo tivo como unha das súas bases ideolóxicas o racionalismo autoritario.
O Século XIX e a Diglosia Lingüística
Neste século as persoas comezan a achegarse ás cidades, espazo onde cambian de lingua e adoptan a do poder: o castelán. A prensa xurdida ao abeiro da burguesía mantívose en castelán, e a Igrexa tamén impartía as misas neste idioma. Neste período entramos na cuarta fase da diglosia.
Na educación impartíanse as clases e ensinábase en castelán, polo que o galego foi excluído de todos os ámbitos formais, limitándose estritamente ao uso persoal e oral. Isto traduciuse nunha perda masiva de falantes, estimada entre un 85% e un 95%.