As linguas do mundo: orixe, clasificación e contacto lingüístico
As linguas do mundo.
Hai aproximadamente unhas 5.000 linguas no mundo, agrupadas por familias lingüísticas que se dividen en subgrupos. A orixe das linguas explícase en dúas teorías:
- Teoría monoxenética: todas as linguas actuais derivan dunha única lingua orixinal.
- Teoría polixenética: as linguas desenvolvéronse nos distintos grupos de homínidos.
Lingua vs. dialecto.
En moitas ocasións é difícil distinguir unha lingua dun dialecto, porque a fronteira que os separa non está, en ocasións, moi definida. Hai unha serie de criterios que se aplican para clasificar como lingua ou dialecto:
- 1. Sistematicidade: ten que haber homoxeneidade nos planos fónico, morfosintáctico e léxico-semántico.
- 2. Norma escrita.
- 3. Intercomprensión: se dous falantes se entenden, falan a mesma lingua.
- 4. Tradición literaria: ter unha tradición recoñecida.
- 5. Político.
Tipos de linguas.
1. Segundo a orde S (suxeito), V (predicado) e O (obxecto):
- SVO: galego, español, inglés, vietnamita.
- SOV: xaponés, tibetano.
- VSO: galés.
- VOS: malgache.
- OVS: linguas amazónicas.
- OSV: jamamadí (lingua amazónica).
- Orde libre: quechua.
2. Segundo a morfosintaxe:
- Illantes: palabras invariables; a orde establece as relacións entre as palabras (chinés).
- Flexivas: as relacións establécense mediante terminacións flexivas (latín).
- Analíticas: úsanse elementos como preposicións, conxuncións e determinantes para expresar as relacións gramaticais (inglés).
- Aglutinantes: xustaposición de afixos aos lexemas (éuscaro).
Hai linguas que poden posuír varios destes trazos, como o galego, o portugués ou o español (flexivas, analíticas e aglutinantes).
As linguas indoeuropeas.
Son un conxunto de linguas que posúen unha característica en común: todas elas derivan dunha lingua inicial, o indoeuropeo, que se reconstrúe hoxe por comparación.
As linguas románicas.
No latín había dúas variedades lingüísticas, a culta e a vulgar. Esta última era a máis estendida entre a poboación e a que levaron os legionarios e os colonos na conquista de Europa. Esta variedade, mesturada coas linguas indíxenas e debido ao illamento derivado da fragmentación do Imperio, deu lugar a unha serie de dialectos que, posteriormente, se converteron en linguas: as linguas románicas, romances ou neolatinas.
Nunha primeira etapa tiñan todas unha gran porcentaxe de elementos comúns que, pouco a pouco, foron diverxendo ata dar lugar ás actuais linguas.
Seguindo o criterio da lenición consonántica (sonorización das oclusivas xordas intervocálicas p, t, k), dividímolas en orientais (sen sonorización) e occidentais (con sonorización).
Clasificación das linguas de Europa.
a) Indoeuropeas.
- Balcano-armenias: albanés.
- Bálticas: letón, lituano.
- Célticas:
- 3.1. Gaélicas: irlandés, escocés, manxubio.
- 3.2. Britónicas: galés, cornuallés, bretón.
- Eslavas:
- 4.1. Orientais: ruso, bielorruso, ucraíno, ruteno.
- 4.2. Occidentais: polaco, caxubio, sorábico, checo, eslovaco.
- 4.3. Meridionais:
- Occidentais: esloveno, serbocroata.
- Orientais: búlgaro, macedonio, pomaco.
- Grego.
- Indoiranias: romaní, caló.
- Románicas:
- 7.1. Continentais:
- Iberorromances: galego, portugués, castelán, aragonés, catalán, bable, aranés, mirandés.
- Galorromances: francés, linguas d'oïl (picardo, valón, normando, galó, borgoñón, lorenés, santonxés, franc-comtois, morvandiano), francoprovenzal, occitano.
- Retorromances: romanche, ladino, friulano.
- Italorromance: piemontés, lombardo, véneto, emiliano-romañolo, istriota, italiano, corso, calabrés, siciliano, napolitano.
- Dacorromances: istriorromanés, romanés, arromanés, meglenorromanés.
- 7.1. Continentais:
- Xermánicas:
- 8.1. Norte-occidentais: islandés, feroés, noruegués.
- 8.2. Sur-orientais: sueco, danés.
- 8.3. Occidentais: alemán, luxemburgués, baixo-alemán, neerlandés, inglés.
b) Non indoeuropeas.
- Altaicas: turco, gagauz, tártaro de Crimea.
- Fino-úgricas: saami, finlandés, estonio, livonio, húngaro.
- Illadas: éuscaro.
As linguas en contacto.
O intercambio lingüístico é beneficioso, aínda que ás veces poida causar interferencias (léxicas, fónicas ou sintácticas) entre dous idiomas, como é o caso dos castelanismos no galego. Os intercambios poden ser léxicos (préstamos) ou sintácticos.
O contacto entre dúas comunidades con linguas distintas pode dar lugar a unha lingua nova:
- Sabires ou pidgins: mestura de dúas linguas por necesidades de comunicación. Posúen un sistema lingüístico moi restrinxido.
- Crioulo: é un pidgin que se converte na lingua materna dunha comunidade. Os crioulos apareceron entre 1500 e 1900 en lugares habitados por unha minoría de europeos e unha maioría de escravos e campesiños. O papiamento é un crioulo que procede da mestura de español, portugués, holandés e linguas africanas. Tamén podemos poñer como exemplos o palenquero e o chabacano.
Un caso estremo de crioulo é o spanglish, mestura de español e inglés falada pola comunidade hispana en Estados Unidos (aparcar - park - parkear; banda - gang - ganga).
Latín vulgar.
- 1. Occidentais: provenzal, francés, catalán, español, galego, portugués.
- 2. Orientais: romanés, dálmata, bretonromance, sardo, italiano.