O Auxe das Economías Emerxentes e o Papel Estratéxico dos BRICS

Otras lenguas extranjeras2,22 KB

O auxe das economías emerxentes

Os países emerxentes

Pódense considerar emerxentes os países que presentan un forte ritmo de crecemento do PIB e da súa participación no comercio exterior. O seu crecemento permítelles competir e recortar a distancia que os separa dos países desenvolvidos.

Este crecemento traduciuse en:

  • Un gran desenvolvolvemento industrial.
  • O crecemento da demanda interna.
  • Unha importante acumulación de diñeiro, tanto en moeda propia coma en divisas estranxeiras, que lles permite reducir a súa dependencia financeira dos países desenvolvidos.
  • O incremento dos investimentos en I+D+I.

As vantaxes destes países ante a globalización económica

Os países emerxentes teñen unha abundante poboación que percibe baixos salarios. Por iso, estes países son apetecibles como destino dos procesos de deslocalización e permiten obter producións baratas e competitivas no mercado mundial.

Están ben comunicados ou situados nas áreas de influencia dos países desenvolvidos, o que facilita os procesos de deslocalización. Algúns dispoñen de recursos enérxicos ou materias primas básicas para a economía mundial, e as súas exportacións supoñen unha importante fonte de recursos coa que financiar o desenvolvolvemento. Os estados potenciaron o seu desenvolvolvemento creando infraestruturas, garantindo os investimentos estranxeiros, asinando acordos comerciais, apoiando a innovación, etc.

Retos dos países emerxentes

  • Alcanzar niveis salariais que saquen a poboación da pobreza, que lle permitan vivir con dignidade e que xeren un mercado interior que faga a estes países menos dependentes das exportacións.
  • Estender o desenvolvolvemento a todo o territorio e ás actividades económicas para lograr un maior equilibrio entre as rexións e na economía.
  • Avanzar tecnoloxicamente para que a súa capacidade de competir non dependa tanto dos baixos custos laborais e do seu escaso control sobre os impactos medioambientais das actividades produtivas.
  • Desenvolver políticas máis rigorosas no coidado do medio ambiente.

BRICS: Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica

Descargar

PDF Word HTML