Biografía y Pensamiento Filosófico de John Locke

Otras lenguas extranjeras2,52 KB

John Locke, foi un pensador británico e un dos máximos representantes do Empirismo inglés, que destacou principalmente polos seus estudos filosóficos Locke estudou en Oxford, onde se doctorou en 1658. Ainda que a sua especialidade era medicina, foi tamen diplomático, teólogo, economista, profesor e alcanzou renombre polos seus estudos filosóficos, nos que pensou as bases do pensamento político liberal, no que defendé a idea de igualdade dos homes como seres racionáis e libres, e busca fundar un novo sistema político basado na democracia representativa e o Estado do dereito.  Na súa obra máis importante, ‘Dos ensayos sobre el gobierno civil’ sentou as bases do constitucionalismo liberal, ao falar de que todos os homes nacen dotados duns dereitos naturais que o Estado ten como misión protexer. En canto ao pensamento filosófico, Locke profundizou no Empirismo de Bacón e rexeitou a sua teoría cartesianas das ideas innatas que refutou na primeira parte de obra ‘Ensaio sobre o Entendemento Humano’ dicindo que a mente dun neno carece de ideas cando nace, pois é como un papel en branco no que non hai ningunha idea escrita. Según el, todas as ideas proceden de experiencia, e da experiencia procede o coñecemento. Indica que a experiencia son 2 ámbitos, o mundo exterior, captada polas sensacions, e o da conciencia ou interior, captada polas reflexions. Por todo isto, Locke é considerado o representante principal do método empirista, desenvolvido polo Empirismo Inglés nos seculos XVII e XVIII.  Os empiristas desconfían do poder da razón humana. Para os empiristas, a mente e como unha folla en branco que se limita a recibir información da natureza a través dos sentidos. Por iso, o mellor método e o método inductivo: partir da experiencia para chegar a conclusions mas xerais. En canto ao texto que é epistemoloxico, xa que trata sobre os límites do coñecemento, pódese observar a idea empirista que ten Locke sobre o coñecemento, pois fala dunha mente baleira de calquer carácter innato e que todo o coñecemento que temos é recibido gradualmente mediante a experiencia e a observación. Fala tamén das 2 ideas que el ten sobre a experiencia : a do mundo exterior que é causada polas sensacions e a da conciencia ou interior causada pola reflexión.  Así neste fragmento da sua obra, pódese observar as suas ideas sobre o coñecemento humano e tamen de observan claramente os rasgos do método empirista.

Descargar

PDF Word HTML