Cantigas Medievales Galegas: Escarnio, Maldicir e Cantigas de Santa Maria

Otras lenguas extranjeras4,45 KB

Cantigas de escarnio e maldicir:

Poemas burlescos que critican a sociedade medieval a través da ironía, do sarcasmo ou da burla. Son criticados os infanzóns, as soldadeiras, as monxas, os crego e os propios trobadores.

As cantigas de escarnio critican algo ou alguén de forma encuberta e irónica, con dobres sentidos.

As cantigas de maldicir son aquelas nas que a burla se fai mediante unha linguaxe directa e explícita.

A orixe debese á confluencia dun xénero popular galego, as composicións satíricas de Entroido, e dun xénero burlesco provenzal, o sirventés.

Tema:

O seu obxectivo era satirizar diferentes aspectos da sociedade:

  • Sátira social: burla de todas as clases sociais.
  • Sátira política: covardía dos nobres cristiáns na guerra contra os musulmáns.
  • Sátira sexual: escarnios contra monxas, crego e soldadeiras por manter relacións sexuais.
  • Sátira literaria: burlas dos principais tópicos das cantigas de amor.
  • Sátira moral: criticanse determinados vicios da época.

Recursos formais:

Non presentan diferenzas formais coas cantigas de amigo e de amor: hai unha de refrán e de maestría, e para identificalas debemos fixarnos no contido.

Cantigas de Santa María:

Son 427 cantigas co obxectivo de loar á Virxe María. Traballo colectivo realizado baixo a dirección do rei Afonso X o Sabio, autor dun bo número delas. As coleccións de milagres en lingua latina comezaron no século VI. O obxectivo era dobre:

  • Cantigas líricas ou de loor: son 66 textos de loanza á Virxe María escritos ao xeito das cantigas de amor, servían de acompañamento ás celebracións eclesiásticas.
  • Cantigas narrativas ou de milagres: relatan un milagre da Virxe e teñen intención didáctica. Comezan cun conxunto breve de versos que resumen a ensinanza da cantiga, despois aparece narrado o milagre e finalmente rematan coas loanzas á Virxe.

Xéneros menores:

  • Pastorelas: poemas nos que dialogan unha pastora e un cabaleiro, que lle pide amor a aquela.
  • Tenzóns: composicións dialogadas nas que dous trobadores discuten sobre un tema.
  • Prantos: poemas nos que se loan as virtudes dunha persoa morta, que normalmente foi alguén relevante socialmente.

Prosa medieval:

Alén dos textos poéticos, tamén se produciron textos narrativos.

Tipos:

  • Prosa galego-portuguesa: son novelas cabaleirescas de tema artúrico. Ex.: Libro de Tristán.
  • Prosa galega: trátase de obras de temáticas sobre a guerra de Troia, sobre os milagres de Santiago e libros de historia.

Bilingüismo social:

O contacto lingüístico son linguas compartindo un mesmo territorio. Existen sociedades bilingües, que poden ser estables ou pode dar lugar a conflito lingüístico.

Diglosia:

Cando nunha sociedade conviven dúas linguas, e considérase lingua A, lingua de prestixio, reservada para usos formalizados. Lingua B, con menor prestixio social, considérase unha lingua de uso familiar, non válida para o ámbito formal; é dicir, conviven dúas linguas prestixiando unha sobre a outra.

Descargar

PDF Word HTML