O Substantivo en Galego: Clasificación, Xénero e Número

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,03 KB

Clasificación dos substantivos

1. Semántica

Os substantivos clasifícanse semánticamente en:

  • Propios: antropónimos ou topónimos.
  • Comúns: abstractos ou concretos, non contables ou contables, individuais ou colectivos.

2. Morfolóxica

O substantivo ten os seguintes compoñentes:

  • A) Lexema ou raíz: base invariable que ten o significado léxico.
  • B) Morfemas flexivos: indican o xénero e o número.
  • C) Morfemas derivativos: prefixos ou sufixos.
  • D) Morfemas alterativos: sufixos aumentativos, diminutivos ou despectivos.

3. Sintáctica

Normalmente é o núcleo dunha frase nominal, e aparece acompañado de determinantes e modificadores que deben concordar en xénero e número co substantivo.

O xénero do substantivo

O xénero do substantivo é a categoría gramatical que permite clasificar os substantivos en masculinos ou en femininos. Esta formación do feminino pode significar unha diferenza de sexo (macho/femia) ou unha diferenza na forma. Para marcar a diferenza de xénero entre os substantivos variables, hai unha serie de regras:

  1. Empregando unha serie de lexemas para cada xénero.
  2. Mediante determinantes, cando presenta sincretismo formal.
  3. Con diferentes morfemas flexivos.

Cando non se produce oposición de xénero, senón que os substantivos pertencen exclusivamente ao masculino ou ao feminino, denomínanse invariables.

O número do substantivo

A categoría de número indica a oposición singular/plural, como unha unidade ou como máis dunha.

  1. Os substantivos continuos adoitan presentar só o singular (singularia tantum), aínda que ás veces aparecen en plural con diferente significación ou con matices expresivos.
  2. Outros substantivos só se empregan en plural (pluralia tantum).
  3. Nalgúns casos, a oposición de número leva unha oposición de significado.

Regras para a formación do plural

Engaden -s:

  • As palabras acabadas en vogal ou en ditongo: irmá, irmás; café, cafés; israelí, israelís; espírito, espíritos; lei, leis; saia, saias; lúa, lúas; carta, cartas.
  • As palabras acabadas en consoante distinta de -r, -z, -s, -x e -l: camión, camións; pan, pans; club, clubs; coñac, coñacs; sándwich, sándwichs; iceberg, icebergs; robot, robots; jeep, jeeps.

Engaden -es:

  • As palabras agudas acabadas en -s, agás as que o fan en grupo consoántico: deus, deuses; compás, compases; revés, reveses; res, reses.
  • As palabras acabadas en -r e en -z: cor, cores; mar, mares; rapaz, rapaces; reitor, reitores.