Cantigas de Santa María: transmisión, datación e autoría dos códices do s. XIII
Enviado por anxoelganxo y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,67 KB
Cantigas de Santa María: transmisión, datación e autoría
Na actualidade, as Cantigas de Santa María son coñecidas a través de catro códices, procedentes da propia corte de Afonso X, cuxa datación debemos situar ao longo do s. XIII:
Códices e transmisión
- Códice de Toledo (To): gardado na Biblioteca Nacional de España (Madrid). Contén 128 cantigas con notación musical.
- Códice do Escorial (T): contén 193 composicións con notación musical e un conxunto de 1.264 miniaturas que lle dan á obra un extraordinario valor iconográfico.
- Códice do Escorial (E) — denominado "Códice dos músicos": contén 417 cantigas ilustradas.
- Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): contén 104 cantigas. A obra está incompleta.
Fontes
As Cantigas de Santa María incorporan un amplo conxunto de lendas e tradicións entre as que podemos sinalar:
- Textos marianos latinos medievais.
- Coleccións marianas en linguas romances.
- Cultos e crónicas de santuarios peninsulares.
- Cultos locais estranxeiros.
- Tradicións orais.
Clasificación e distribución temática
As Cantigas de Santa María poden dividirse en dous grandes grupos: cantigas narrativas e cantigas líricas.
Cantigas narrativas
Composicións nas cales o protagonista aparece en debate co pecado ou diante dun perigo inminente. Só a intervención marabillosa da Virxe logra resolver a conxuntura, polo que a cantiga remata sempre con agradecementos á Virxe. Estes textos organízanse así:
- Introdución acerca do milagre que vai ser relatado.
- Relato do milagre.
- Conclusión moral.
Cantigas líricas
Composicións que discorren por dúas vías esenciais:
- Un primeiro conxunto, formado polas cantigas de loor, segue o modelo da cantiga de amor trobadoresca. Estas composicións aparecen intercaladas cada nove cantigas. Afonso X reitera nelas a súa decisión de converterse en trobador da Virxe.
- Un segundo conxunto provén dunha inspiración litúrxica.
Temática
As Cantigas de Santa María amosan unha ampla variedade temática:
- Milagres que exaltan a figura de María como auxiliadora dos seus devotos e sanadora dos doentes.
- Milagres que critican pecados e costumes deshonestos.
- Milagres a prol de santuarios marianos.
- Cantigas que fan mención ás festas dedicadas a María.