Castelao: Figura Fundamental da Cultura Galega
1. Biografía
- Perfil polifacético: Debuxante, escritor e político. É a figura máis sobranceira do século XX en Galicia.
- Traxectoria política: Participou na fundación do Partido Galeguista, sendo elixido deputado por Pontevedra e defendendo o Estatuto de Autonomía en Madrid.
- Compromiso permanente con Galicia.
- Relación co Grupo Nós: Non podemos incluílo dentro do Grupo Nós (aínda que colabora puntualmente con eles, como cando asume a dirección artística da revista Nós) porque hai unha serie de características que o afastan deste grupo:
- Orixe humilde: Non se identifica co elitismo intelectual do grupo Nós; a súa obra está moi próxima ás clases populares, que son as protagonistas das súas obras.
- Sinxeleza expresiva.
- Humor cargado de ironía.
2. Obra
2.1. Narrativa
2.1.1. Narrativa breve
- Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: Conxunto de obras que contan cun mesmo narrador (un esquelete) que contempla, a través dun ollo de vidro, os acontecementos do cemiterio, facendo unha crítica irónica da sociedade da época.
- Cousas: 44 pequenas pezas narrativas protagonizadas por personaxes populares, centradas na problemática e personalidade dos galegos. Van acompañadas dun debuxo que representa o momento álxido da narración. Presentan a estrutura clásica de presentación, nó e desenlace.
- Retrincos: 5 relatos autobiográficos inspirados en diferentes momentos da vida do autor.
2.1.2. Narrativa longa
- Os dous de sempre: Conxunto de relatos acompañados de debuxos e protagonizados por Pedriño (sen ambición, pasivo e conformista) e Rañolas (orfo, eivado, loitador e inconformista), amigos desde a infancia e de orixe humilde. Rañolas consegue mellorar a súa vida malia todas as adversidades que sofre.
2.2. Teatro
- Os vellos non deben de namorarse: Escrita no exilio bonaerense, foi estreada en Bos Aires en 1941. Constituída por 3 lances cunha estrutura similar nos que un vello (D. Saturio, D. Ramón e o Sr. Fuco) se namora dunha rapaza nova e remata morrendo.
2.3. Oratoria
- Deu a coñecer o seu pensamento político e estético en numerosos mítins e conferencias. O máis coñecido é Alba de Gloria (25/07/1948), pronunciado en Bos Aires.
- Sempre en Galiza: Considerada a biblia do galeguismo, na que recolle artigos, discursos e conferencias relacionados cos problemas de Galicia.