Clases sociais da Idade Media: campesiñado, artesáns e servos da gleba

Otras lenguas extranjeras2,21 KB

O campesiñado

Vivían en aldeas situadas no feudo do señor. As súas casas eran pequenas e convivían xeralmente cos animais.

Eran libres pero non tiñan propiedades; traballaban as terras do castelo ou os mansos (terras arrendadas polos campesiños, das que unha parte da colleita era para o castelo). Cando as colleitas eran boas, cos excedentes e con algún animal que vendían, mercaban ferramentas, calzado e outras cousas que lles facían falta; cando eran malas viña a fame e as enfermidades.

Alimentábanse do que cultivaban e dos animais que criaban. Vestían roupa feita e tecida por eles e algunha que mercaban nas feiras.

Os homes dedicábanse a traballar as terras e as mulleres ás tarefas da casa, á crianza dos fillos e a axudar o home nos traballos vinculados á explotación da terra.

Os artesáns ou burgueses

Chamábanlles así porque vivían nas cidades e dedicábanse nos seus obradoiros a fabricar obxectos de forma artesanal.

Vivían en casas que tiñan unha planta baixa, onde estaba o obradoiro, e na parte superior vivían eles. Xeralmente en cada rúa concentrábanse artesáns da mesma profesión: había a rúa dos zapateiros, dos prateiros, dos albardeiros, etc.

O que fabricaban vendíano nas feiras aos campesiños ou aos castelos, ou traballaban por encarga.

Estaban asociados en gremios que marcaban o prezo dos obxectos e tamén quen podía exercer a profesión. Un rapaz que quería aprender a profesión traballaba cun artesán como aprendiz, pagando; cando consideraban que xa sabía o oficio, facíanlle unha proba chamada obra mestra, na que demostraba que dominaba a técnica e entón podía ingresar no gremio. Había gremios de canteiros, carpinteiros, zapateiros, etc.

Os homes traballaban no obradoiro e as mulleres facían as tarefas da casa, criaban os fillos e axudaban ao home no obradoiro.

Os escravos ou servos da gleba

Vivían no castelo e eran propiedade do señor do castelo.

Facían os peores traballos: limpeza, labores no castelo, traballos nas terras do señor, etc. Non eran libres; só tiñan dereito á alimentación. Para casarse tiñan que pedir permiso ao señor.

Descargar

PDF Word HTML