Evolución do Teatro Galego: Autores Clave e Movementos Literarios

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,21 KB

O Teatro Galego: Unha Visión Xeral

O teatro é o xénero menos cultivado da literatura galega.

A obra A Fonte do Xuramento, de Francisco María de la Iglesia, marca o inicio do rexurdimento do noso teatro. As súas características principais inclúen:

  • Temática rural
  • Extensión breve
  • Dominio do costumismo
  • Diálogos choqueiros
  • Personaxes tópicos

Destaca tamén A Fonte de Lugris Freire.

As Irmandades da Fala e a Modernización Teatral

As Irmandades da Fala consideraron o teatro como un elemento de vital importancia á hora de desenvolver o seu proxecto cultural e buscaron modernizar a tradición escénica. En 1919, as Irmandades crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega co obxectivo de potenciar o teatro novo.

Autores Destacados das Irmandades

Ramón Cabanillas
  • A man de Santiña: Estreada no debut do Conservatorio, é unha comedia en prosa na que, por primeira vez, as clases señoriais falan en galego.
  • O Mariscal (1926): Escrito por iniciativa de Antón Villar Ponte, é un drama histórico en verso que pretendía dignificar a lingua galega.
Antón Villar Ponte

Destacou no teatro como autor, crítico, etc. Na súa obra destaca Nouturnio de medo e morte. A obra que máis contribuíu á escena teatral galega foi Os evanxeos da risa absoluta (nunca foi estreada).

A Xeración Nós e a Renovación Literaria do Teatro

A Xeración Nós non utilizou o teatro como arma política, pero si lle deu un pulo extraordinario desde o punto de vista literario.

Autores da Xeración Nós

Vicente Risco

Escribiu unha única peza teatral, O bufón de El-Rei, un drama simbolista que relaciona a deformidade física e moral.

Ramón Otero Pedrayo

Escribiu unha extensa obra teatral, na que podemos destacar:

  • A lagarada: Onde o amor e o viño, mesturados coa vida nunha aldea, son os protagonistas.
  • Teatro de Máscaras: Unha colección de 16 pezas breves.

Nas súas obras, Otero Pedrayo, como membro de "Nós", demostra unha concepción teatral máis experimental con elementos vangardistas.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

A súa obra máis coñecida é Os vellos non deben de namorarse. Castelao non concibía o teatro como un simple texto, senón como un espectáculo global, onde os artificios escenográficos adquiren unha grande importancia.

O motivo do vello namorado repítese tres veces, en tres versións diferentes. En cada unha delas hai un vello namorado, unha moza e un mozo rival. A Morte intervén como personaxe para advertir aos vellos. Finaliza cun epílogo no que aparecen os tres vellos xuntos, mortos no cemiterio, para arrepentírense do seu namoramento e coñecer novas das súas mozas.

As Vangardas e a Renovación Artística

Esta etapa protagoniza unha renovación artística próxima ás vangardas.

Autores Vangardistas

Rafael Dieste

A súa obra A fiestra baldeira, onde a "fiestra baldeira" aparece como símbolo da anulación da identidade individual e colectiva.