Conceptos clave de geografía, economía y política europea y mundial: proyecciones, ODS, BRICS, G20 y relieve
Proxección cartográfica: ferramenta matemática que permite pasar a esfera terrestre a un plano 2D. Como sempre xera algunha deformación, existen distintos tipos segundo o que se queira priorizar.
Ortofoto: fotografía aérea dixital corrixida xeometricamente para eliminar distorsións de relevo ou inclinación da cámara. Mantén a mesma escala en toda a imaxe e pódese usar directamente como mapa.
Sistema de Información Xeográfica (SIX): conxunto de software e datos informáticos para organizar, analizar e relacionar información sobre o territorio.
Fondos estruturais: instrumentos da UE para reducir as desigualdades económicas e sociais entre rexións.
FEDER: destinado ás rexións menos favorecidas.
FSE: enfocado á formación e ao emprego.
Movementos antiglobalización: corrente internacional de protesta (sindicatos, ecoloxistas, colectivos de esquerdas...) que rexeita o capitalismo e o modelo neoliberal por considerálo inxusto. Exemplos: o 15M ou as protestas contra a guerra de Iraq en España.
ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible): son 17 metas da ONU programadas para o período 2015-2030 para combater problemas mundiais como a pobreza, o cambio climático, as desigualdades, a educación ou a fame. Buscan mellorar a vida da cidadanía global.
Espazo Schengen: territorios europeos (pertenzan ou non á UE) onde se eliminaron os controis nas fronteiras interiores, permitindo a libre circulación de persoas. Acordouse en 1990 e entrou en vigor en 1995; hoxe abarca máis de 29 países.
BRICS: siglas que agrupan a Brasil, Rusia, a India, China e Sudáfrica. Trátase dunha asociación político-económica das principais economías emerxentes, ampliada en 2024, que busca un maior equilibrio na economía mundial.
G20: foro económico formado por 19 Estados máis a Unión Europea (reúne xefes de Estado, gobernadores, etc.). Integra aos países máis industrializados do G7 xunto con emerxentes de todos os continentes para coordinar o crecemento e o intercambio económico global. España non é membro permanente, pero participa como convidada especial desde 2008.
Banana Azul: eixe urbano, industrial e demográfico europeo que vai desde Inglaterra ata o norte de Italia (pasando por Bélxica, Países Baixos e a conca do Rin). É unha área moi industrializada, cunha tecnoloxía avanzada baseada en I+D e grandes aglomeracións urbanas (Londres, Milán, Ámsterdam...). Recibe este nome pola forma de arco ou media lúa que se representa nos mapas en azul.
Brexit: proceso político iniciado en marzo de 2017 cando o Reino Unido notificou ao Consello Europeo a súa intención de abandonar a UE (segundo o artigo 50). Foi un proceso longo de negociacións e un referendo favorable cun 52% dos votos. A saída produciuse en 2020 cun período de transición acordado, xerando repercusións económicas, sociais e territoriais (afectando tamén ao sector agrícola de Xibraltar).
Meseta: superficie chaira lixeiramente basculada, elevada respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos importantes e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular.
Glaciar: gran masa de xeo que se despraza moi lentamente desde o alto das montañas a modo de ríos de xeo, provocando unha gran erosión. Diferéncianse glaciares de val e de circo. Na rotura poden desprenderse bloques que flotan formando icebergs. Tamén, cando a auga do mar entra nun val glaciar despois do desxeo, fórmase un fiordo.
Zócolo: chaira ou meseta formada na era primaria tras erosionarse as cordilleiras xurdidas na orogénese herciniana. Constitúe a base de posteriores concas sedimentarias e cordilleiras. Os seus materiais son moi duros, polo que ante presións fractúranse, orixinando un relevo de estrutura xermánica.
Cordilleiras de pregamento: grandes elevacións montañosas xurdidas na orogénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios que foran depositados polo mar na era secundaria.
Concas sedimentarias: zonas aforadas formadas na era terciaria que se encheron con sedimentos (arxilosos e calcarios). Hai dous tipos:
Concas do zócolo: formadas polo aforamento dun bloque do zócolo (depresións do Douro, Tajo e Guadiana).
Depresións prealpinas: situadas aos lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e Guadalquivir).