O Crac de 1929 e o New Deal: Historia da Gran Depresión e a Recuperación Económica

Enviado por Valdo y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 2,8 KB

O Crac do 29: O Colapso da Bolsa de Nova York

Moitos accionistas eran conscientes de que a cotización das accións era moi superior ao seu valor real e de que non se podían seguir subindo durante moito máis tempo. Esta desconfianza espallouse rapidamente e o 29 de outubro de 1929 houbo unha gran ondada vendedora que afectou á Bolsa de Nova York (N.Y.) e que supuxo o brutal descenso da cotización das accións que, á súa vez, desencadearon no Crac de 1929.

Consecuencias Inmediatas e a Creba Bancaria

Por isto, moitos investidores arruináronse e estenderon o pánico aos cidadáns, que acudiron aos bancos para retirar os seus fondos. Isto obrigou a moitas entidades a pechar por falta de liquidez, xa que non podían cobrar os créditos prestados a empresas e particulares arruinados, o que precipitou a creba de moitos bancos.

En poucos anos, produciuse unha recesión económica xeneralizada. Debido a isto:

  • O consumo diminuíu, provocando o peche de moitas fábricas.
  • Isto supuxo un aumento drástico do paro.
  • Desde os EE.UU., a crise estendeuse ao resto do mundo, xa que os bancos americanos retiraron os capitais depositados nos bancos europeos e as empresas americanas diminuíron os seus investimentos nestes países.

O New Deal: A Intervención do Estado

En 1932, Franklin D. Roosevelt gañou as eleccións e propuxo un novo programa para favorecer a recuperación económica e sacar ao país da crise, o cal defendía a intervención do Estado para reactivar a economía.

Medidas Económicas do Programa

Para frear a caída dos prezos, o New Deal propuxo unha serie de medidas económicas fundamentais:

  • Axudas a empresas en dificultades.
  • A creación de empresas públicas.
  • A destrución dos stocks agrícolas acumulados.
  • O establecemento dun control estrito sobre os bancos.

Reformas Sociais e Impacto

Estas reformas económicas foron acompañadas dun conxunto de reformas sociais que consistían en:

  • A realización dun gran plan de obras públicas.
  • Un aumento de salarios.
  • Unha redución da xornada laboral a 40 horas semanais.

Estas medidas provocaron un relanzamento da economía estadounidense e un descenso importante dos parados. Pero non foi ata o estalido da Segunda Guerra Mundial cando a crise se superou definitivamente. Debido ás novas necesidades de armamento e de avituallamento dos países contendentes, os EE.UU. convertéronse de novo no principal subministrador dos aliados en guerra.