Descifrando la Portada de Platerías: Arte, Simbolismo e Historia en Santiago

Otras lenguas extranjeras4 KB

3- TÍMPANOS- DEREITA DEREITA- Na parte superior está representada a Epifanía. A súa dereita, un anxo leva a coroa de espiñas sobre a escea do prendemento. Por debaixo e de esquerda a dereita, atopamos a representación Cristo curando a un cego, Cristo sentado coroado de espiñas e outras esceas da Paixón. Se a paixón e os seus actos, alude a súa condición humana a súa dor como redentor, a Epifanía e a curación do cego alude a súa divinidade. Se ben o conxunto escultórico do tímpano foi deseñado e elaborado polo Mestre da Traizón, este nada máis que esculpiría a escea do “prendemento de Cristo”. As

características principais desta escultura: rostros inxenuos, coas pupilas excavadas e recheas de pasta vítrea, cabelos máis elaborados e dobras anchas que se pegan á parte inferior do corpo. Dobras cilíndricas. Mestre das Tentacións- sería o artífice do primeiro proxecto de Platerías. Esculpiu a Flaxelación e o resto das esculturas do tímpano. TÍMPANO ESQUERDO Estaba adicado ás tentacións de Cristo. Está realizado a base de placas recortadas e posteriormente encastradas aló e representa as tentacións de Xesús. Con esta representación quérese significar a vitoria de Cristo sobre o pecado e a morte. EVA- Sen lugar a dúbidas, Eva é unha das imaxes máis controvertidas da portada e sobre o seu simbolismo non hai acordo unánime. Foi esculpida polo Mestre de Praterías, a figura de Eva representa a adúltera coa “putrefacta cabeza do seu amante, arrancada polo seu

marido, no seu colo é obrigada a bicala dous veces ao día”. Esta escultura non estaría orixinariamente aquí colocada, de aí a súa posición forzada.

O Mestre das Tentacións esculpiu o resto do conxunto escultórico deste tímpano. Características- Cabezas cúbicas co pelo “á taza”, narices anchas, canon curto nas figuras, dobras planchadas en vestimentas, uso do perfil nas figuras de tres cuartos, tendencia ao vulto redondo. FRISO- Sobre as dúas portas, desenvólvese o friso. A característica principal deste espazo é o desorde que hai entre as figuras, xa que moitas delas foron trasladadas de diferentes partes da catedral en diferentes períodos. ESPAZO CENTRAL DAS PORTAS: Tamén corresponden á porta do norte as figuras situadas no espazo central que separan os dous arcos da porta e erixidos sobre o capitel da mesma. Podemos ver a Abraham saíndo do sepulcro baixo o que se atopa un demo vencido .As aves picoteándose as patas fai alusión simbólica ao desexo de desprenderse das ataduras terrenas . Dous leóns gardiáns da entrada ao lugar sagrado e sobre eles o *crismón. INTRADOUS DO CONTRAFORTE ESQUERDO- Tamén procedentes da porte norte representa a Cristo cun libro sobre a perna esquerda e bendecindo coa man dereita. A escultura tende á frontalidade, xeometría e inexpresión. Ollos redondeados e avultados. É obra do Mestre da porta do Cordeiro A creación de Adán- Mestre de Praterías. Características- a carga vital; o estudo anatómico; rostros de beizos grosos, ollos avultados e carrillos inchados; o cabelo en mechóns soltos e os panos en “U”. O Rei David tocando unha viola oval-Mestre de Praterías. A figura está situada nun trono con dosel en forma de arco de medio punto. As patas do trono rematan en garras que se asientan sobre cabezas de leóns mentras que os pés do rei se apoian sobre unha inquietante figura medio velada pola esterilla polibulada. A parte anterior do trono está decorada con calados xeométricos. Transmite unha serena maxestade e tamén un punto de altivez no seu xesto de volver a cabeza hacia a dereita. Porta coroa con arquitos que oculta o seu pelo, longo que cae en guedellas sobre os seus hombros. A barba está moi ben traballada. Está vestido con túnica e manto con dobras en forma de U.

Descargar

PDF Word HTML