Panorama da Xeración dos 50 e a Poesía Galega Contemporánea

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,67 KB

A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais está integrada por escritores nados entre 1930-1940, os cales se atopan estreitamente conectados coa Xeración de 1936. As súas principais características e fitos son os seguintes:

  • Teñen como referentes á Editorial Galaxia e a poesía social de Celso Emilio Ferreiro.
  • Viaxan a Europa e amosan interese polo jazz, o rock e a filosofía do movemento beat generation.
  • Feitos propios: Reanudan os certames das Festas Minervais compostelás, colaboran no diario La Noche, publican na colección Illa Nova da editorial Galaxia e fundan a editorial e o grupo Brais Pinto.
  • Con este grupo aparece o nacionalismo con tintes revolucionarios.

Direccións Poéticas

  • Escola da Tebra: O poeta preséntase en conflito co mundo. Os seus temas centrais son a morte e a desesperanza.
  • Realismo coloquial: Inspirada nos recursos expresivos da fala coloquial.
  • Poesía social: Entendida máis como unha actitude que como unha tendencia propiamente dita.

Autores Destacados

Uxío Novoneyra (1930-1999)

Nado en Parada do Courel, é o poeta que canta a paisaxe do Courel cunha lírica que destaca pola expresión breve e unha forte presenza do fonosimbolismo (a expresividade dos fonemas). Na súa obra Muller pra lonxe (1986), ademais do paisaxismo, atopamos poemas de liña social, intimista e mesmo erótica.

Xosé Luís Méndez Ferrín (1938)

Ourensán e un dos máis grandes creadores da literatura galega. Dende sempre conxuga o seu labor literario e docente cunha intensa actividade política e sindical, manifestada no seu compromiso coa clase traballadora e a loita pola independencia de Galicia.

A maior parte das súas entregas poéticas saíron á luz baixo o pseudónimo de Heriberto Bens para eludir a censura, sendo recollidas posteriormente no volume titulado Poesía enteira de Heriberto Bens (1980). A súa obra Con pólvora e magnolias (1976) é un poemario no que se combinan poemas de cariz revolucionario (cargados de "pólvora") xunto aos máis fermosos poemas de amor ("magnolias"). Esta obra contribuíu a renovar o ambiente da poesía galega contemporánea, pechando definitivamente o socialrealismo da época anterior e dando paso a unha nova etapa na historia da literatura galega, superando o período da posguerra e o franquismo.

Arcadio López Casanova (1942)

O seu poemario máis destacado é Mesteres (1976) que, xunto a Con pólvora e magnolias, abre as portas á poesía galega actual.

Manuel María (1930-2004)

Poeta iniciador da Escola da Tebra con obras como Muiñeiro de brétemas (1950) e Morrendo a cada intre (1952). Tamén foi precursor do realismo coloquial coa obra Documentos persoais (1958). No ano 2016 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.