A diversidade das linguas no mundo, en Europa e no Estado Español

Otras lenguas extranjeras10,56 KB

Linguas do mundo

A linguaxe plásmase en milleiros de linguas e é moi difícil concretar ese número. Algún atlas lingüístico actualizado ofreces cifras por riba dos 7000 idiomas. A variabilidade nos cómputos débese a 3 razóns:

  • Dificultades para realizar un censo completo xa que moitas áreas do planeta fican aínda sen investigar a fondo nese aspecto.
  • Ao feito de que a situación lingüística sexa fluída e se teñan a producir evolucións, mortes e nacementos de linguas:
    • Pidgins: lingua xurdida da fusión de características das faladas por individuos que manteñen contacto como consecuencia do comercio ou migracións.
    • Crioulos: pidgins que se estenden e pasan a ser a lingua inicial de novas xeracións.
  • Existencia de diferentes criterios para distinguir unha lingua dun dialecto.

Familias lingüísticas

As linguas agrúpanse en familias segundo o parentesco xenético ou procedencia:

Familia ou tronco indoeuropeo

  • Linguas índicas: sánscrito, védico, hindi, bengalí.
  • Linguas iránicas e bálticas: lituano, letón.
  • Eslavas: ruso, bielorruso, ucraíno, checo.
  • Celtas: gaélico de Escocia, gaélico irlandés, galés, bretón.
  • Grego.
  • Albanés.
  • Románicas: galego, portugués, castelán, catalán.
  • Xermánicas: sueco, danés, inglés, alemán.
  • Armenio.

Familias lingüísticas non indoeuropeas

  • Camito-semíticas: árabe, hebreo, somalí, maltés.
  • Altaicas: turco, azerbaixano, chuvaco, mongol.
  • Urálicas: finés, estoniano, húngaro, livonio.
  • Caucásicas: checheno, xeorxiano, suano, cherqués.
  • Chino-tibetanas: chinés, tibetano, siamés, vietnamita.
  • Dravídicas: támil, telugu, kannada, malabar.
  • Polinesias e austronésias: xaponés, malgache, xavanés, balinés.
  • África negra: fon, fang, mogo, ruanda.
  • Amerindias: dakota, navajo, azteca, quechua.
  • Euskera.

A orixe da diversidade lingüística

Aséntase na forma específica que cada sociedade ten de relacionarse co medio natural que a rodea. Outros factores determinantes son históricos e xeográficos. A diversidade é a característica que define as manifestacións culturais e lingüísticas da Humanidade, e cada unha das linguas nas que se plásmase corresponde a unha forma de estruturar, aprehender e ordenar a realidade.

  • Supremacismo lingüístico: ideoloxía que postula que só deben sobrevivir as linguas máis poderosas.

Ecoloxía das linguas

Chama a atención sobre 2 aspectos que son a relación das linguas co contorno e a riqueza de conceptos que se expresan a través dos diferentes idiomas que a Humanidade ten. Esta corrente valoriza a linguodiversidade como un ben que a Humanidade debe preservar igual ca cos valores naturais e coa diversidade biolóxica.

O conflito lingüístico

Tensión que se produce entre 2 ou máis linguas dentro dunha mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Os falantes da lingua dominante non teñen problema para desenvolveren a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua subordinada, mentres que os falantes da lingua subordinada vense impedidos a aprender a dominante e ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Ten 2 saídas antagónicas:

  1. Substitución lingüística: proceso que consiste no abandono da lingua propia da comunidade e asimilación á lingua dominante. Ten 3 fases:
    • Implantación dunha lingua foránea nun territorio con lingua propia.
    • Reparto dos usos diglósicos entre a lingua propia e a foránea, tendo a segunda as funcións máis prestixiosas e importantes socialmente.
    • Abandono do uso da lingua propia ata a completa asimilación á lingua vida de fóra.
  2. Normalización lingüística: recuperación de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación.

Conceptos sociolingüísticos clave

  • Bilingüismo individual: capacidade dun individuo para se desenvolver en 2 linguas. Esa capacidade é adquirida con intención utilitaria ou con intención integradora; é asimétrico.
  • Diglosia: designa a coexistencia problemática entre 2 linguas que teñen unha distribución xerárquica e condicionada socialmente de funcións nunha mesma comunidade. Soe acompañarse dun deterioro estrutural da lingua minorizada por incorporación de formas propias da lingua prestixiada.
  • Lingua maioritaria: lingua máis falada nun determinado territorio multilingüe. É relativo, xa que a lingua maioritaria nun territorio pode ser minoritaria noutro e ademais non é inmutable.
  • Lingua minoritaria: aquela que conta cun reducido número total de falantes, pero en termos relativos defínese como a que, convivindo con outras nun determinado territorio, ten unha porcentaxe menor de usuarios.
  • Lingua minorizada: aquela á que, por diversas razóns históricas, políticas ou sociais, se lle negan as condicións para poder desenvolverse con plena normalidade; átopase nun situación de inferioridade e marxinación viéndose restrinxidos os seus usos públicos.
  • Vitalidade: depende de diferentes factores como o número de falantes, porcentaxe de falantes dentro do territorio en cuestión, o estatuto legal e xurídico de que goce... polo que hai linguas minorizadas que teñen diferente grao de vitalidade.
  • Lingua oficial: indica o estatus de determinado idioma como instrumento de relación entre o Estado e os seus cidadáns. O estatus de oficial non é inamovible, xa que varía segundo as circunstancias sociopolíticas.
  • Lingua nacional: aquela creada e usada por un pobo ao longo da súa historia. Non sempre é a nacional e a lingua nacional non é sempre a oficial.
  • Lingua franca: aquela que adoptan persoas dunha área xeográfica que non teñen a mesma lingua inicial para comunicarse entre si.
  • Lingua internacional: aquela que é aprendida por individuos que non a teñen como lingua nativa.

A realidade lingüística en Europa

É moi complexa. Só son estados monolingües de base Islandia e Liechtenstein. Fronte a isto, só 5 estados europeos contemplan a existencia de varias linguas oficiais, encadrándose os demais no monolingüismo oficial estatal. Existen varias familias lingüísticas en Europa: as das linguas románicas, xermánicas, eslavas, célticas, bálticas e urálicas.

Estado e idiomas que se falan nel

  • Francia: francés, catalán, corso.
  • Austria: alemán, checo, croata.
  • Alemaña: alemán, bávaro, polaco.
  • Gran Bretaña: inglés, córnico, manx.
  • Italia: italiano, francés, albanés.
  • España: castelán, catalán, galego, euskera.

A diversidade lingüística no Estado Español

O Estado é multilingüe. A pesar de que aínda pervive un discurso que o presenta como un ente uniforme e homoxéneo, trátase dunha realidade plural dende o punto de vista lingüístico e cultural, onde conviven 7 linguas autóctonas (catalán, castelán, galego, euskera, aragonés, astur-leonés e aranés), sen contarmos a comunidade arabofalante e tamazightfalante das cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla, nin a romaní falante entre a poboación xitana, nin certos lugares lusófonos en Estremadura.

O texto dialogal

Creación dun texto por medio de 2 ou máis interlocutores que van alternando os seus roles.

Características lingüísticas e formais

  • A canle máis habitual é a oral auditiva.
  • Organízase no tempo seguindo a estrutura de réplicas.
  • Textos efémeros.
  • Textos abertos sen elaboración definitiva nin concluída.
  • Emisor e receptor cambian os roles, interaccionan e cooperan.
  • Importancia da linguaxe non verbal.
  • Continuas referencias ao contexto extralingüístico.
  • Predominio da 1ª e 2ª persoa gramatical.
  • Uso das 3 modalidades oracionais.
  • Uso de interxeccións, pronomes interrogativos e exclamativos.

Tipoloxía do texto dialogal

  • Número de participantes: duais ou plurais.
  • Estilo: formal ou informal.
  • Planificación:
    • Espontánea: que se vai creando e varía segundo a información que se introduza (como cando atopas a un veciño nas escaleiras).
    • Planificada: que é preparada dantemán e cunha estrutura predeterminada (como cando hai un debate ou unha entrevista).

Tipos de textos dialogais

Conversa, entrevista, enquisa, mesa redonda, debate, rolda de prensa, interrogatorio.

Estrutura da conversa

  • Apertura: toma de contacto previa á conversa realizada por medio dun saúdo, pregunta ou xesto.
  • Preparación e orientación: preséntase o tema do diálogo e oriéntase a información que se lle quere facer chegar aos receptores.
  • Tema: parte central, contén a información máis importante.
  • Conclusión: remata o tema e pode ser a recopilación da información máis relevante.
  • Peche: fórmulas de despedida que dan por concluída a conversa.

Regras de conversación, cooperación e cortesía

Canto menos se coñecen, máis cortesía hai. Non se deben impoñer as ideas ao interlocutor, deben ofrecérselolle opinións ao interlocutor, e debemos implicarnos e interesarnos polo que di.

Descargar

PDF Word HTML