Estrutura e Tipoloxía dos Textos Científicos e a Comunicación Administrativa en Galego

Otras lenguas extranjeras3,02 KB

Os Textos Científicos: Tipoloxía e Función

Estes textos caracterízanse por tratar asuntos que xorden do coñecemento científico e da investigación, así como por utilizar unha linguaxe especializada que ten como obxectivo comunicar con rigor e precisión. Estes textos dividímolos en dúas grandes categorías:

  1. Textos Especializados

    Son escritos por especialistas e dirixidos a persoas con coñecementos amplos na materia que tratan. Exemplos disto son os artigos publicados en revistas científicas, en congresos ou manuais especializados.

  2. Textos Divulgativos

    Poden ser obra de especialistas ou de mediadores (por exemplo, xornalistas). Diríxense a receptores que non teñen por que ter coñecementos elevados dos temas que tratan. Destacamos artigos sobre ciencia publicados na prensa diaria ou en revistas non especializadas, manuais de texto e libros de divulgación.

Características Fundamentais dos Textos Científicos

As características esenciais dos textos científicos son:

  1. Rexistro Formal e Integración de Discursos: Utilizan un rexistro formal e integran distintas formas de discurso: descrición (obxectos, seres, procesos...), explicacións (de fenómenos, teorías, conceptos...) e argumentación (de teorías, hipóteses...). Tamén incorporan definicións, listaxes e clasificacións.
  2. Rigor Informativo: Son rigorosos coa información que transmiten, incluíndo citas e referencias.
  3. Obxectividade e Impersoalidade: Son obxectivos; non cabe a posibilidade da dobre interpretación. Isto reflíctese no uso de formas impersoais, a terceira persoa e verbos en modo indicativo. Os textos están moi ben organizados e estruturados.
  4. Recursos para a Comprensión: Utilizan exemplos, comparacións e preguntas didácticas para facilitar a comprensión.
  5. Elementos Visuais e Simbólicos: Aparecen símbolos, fórmulas e gráficos para aclarar a información (pensade nos textos dos manuais de calquera materia).
  6. Léxico Especializado: Empregan un léxico particular: tecnicismos, neoloxismos, siglas, acrónimos e préstamos doutras linguas.

A Comunicación Administrativa: A Solicitude

A solicitude é un escrito formal de carácter administrativo no que un cidadán formula unha petición a un organismo. Os diferentes organismos dispoñen de modelos que só é necesario completar cos datos pedidos. Normalmente a solicitude faise de forma presencial, aínda que ás veces pode mandarse por internet (firma electrónica). Cando se entregan á administración que os recibe, esta ten a obriga de rexistrar a entrada e responderlle ao solicitante.

Estrutura da Solicitude

As características e estrutura dunha solicitude son as seguintes:

  1. Identificación do solicitante.
  2. Exposición dos motivos e argumentos.
  3. Lugar e data.
  4. Destinatario.

Descargar

PDF Word HTML