Evolución e Autores da Poesía das Irmandades da Fala

Otras lenguas extranjeras2,89 KB

A poesía das Irmandades da Fala

A entrada no século XX non supuxo un cambio na literatura galega, pois os poetas continuaron as tendencias literarias do Rexurdimento, con Rosalía, Curros e Pondal. Coa aparición doutras connotacións políticas e sociais (agrarismo, galeguismo) e das Irmandades da Fala, a poesía cambia. Os principais intelectuais e poetas defenderán os seus idearios nacionalistas que reflectirán na súa poesía.

Noriega Varela

É o enlace entre a literatura do Rexurdimento (século XIX) coa literatura do século XX.

  1. Poesía costumista

    As primeiras composicións mantéñense dentro do realismo costumista, moi influenciadas pola poesía popular de tradición oral. Están centradas na vida campesiña e nas súas tradicións populares: festas, romarías, etc.

  2. Poesía lírica

    Atopámola nun conxunto de poemas que forman o libro Do Ermo. O poeta adopta un ton íntimo e emotivo para describir a paisaxe e a vida montañesa. Xa non reproduce a lingua popular dos labregos da montaña, senón que introduce formas cultas, na maior parte dos casos tomadas do portugués.

Ramón Cabanillas

É o renovador da poesía. Influenciado polas correntes do modernismo e simbolismo, cunha forte carga patriótica galega. Utiliza recursos literarios moi perfeccionados.

  1. Poesía lírica

    Presente nos libros de poemas No desterro e Vento mareiro. Nestas composicións aprécianse tres liñas temáticas:

    • Poesía costumista: describen paisaxes e ambientes rurais.
    • Poesía intimista: manifesta os seus sentimentos.
    • Poesía cívica: expresa os seus ideais de loita e de denuncia social: agrarismo e nacionalismo.
  2. Poesía narrativa

    Lendas míticas celtas de Bretaña dun pasado glorioso (a época dos cabaleiros da Táboa Redonda e do rei Artur). Esta época histórica foi o marco simbólico en que se baseou o nacionalismo galego. Destaca a súa obra Na noite estrelecida:

    • A espada Excalibur: o mago Merlín e o rei Artur accedendo ao trono. Connotacións de aventuras.
    • Cabaleiro do Santo Grial: a partida dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura deste cáliz. Connotacións místicas e relixiosas.
    • O soño do rei Artur: un soño prolongado para espertar nun tempo futuro, para a nova gloria dos pobos célticos. Connotacións nacionalistas.

Descargar

PDF Word HTML