Evolución da Lengua Galega, Vanguardas Literarias e Sintaxis

Otras lenguas extranjeras4,24 KB

A Estandarización e a Norma na Lingua Galega

A variante estándar, común a todos os falantes, permite transmitir información de xeito neutro e fortalece o sentimento de unidade lingüística. Na escolla inflúen estes criterios: criterios cuantitativos, literarios e político-ideolóxicos.

Etapas no Proceso de Estandarización e Normalización do Galego

  • 1. Galego popular: Non existe conciencia nin formación suficiente para confeccionaren e adoptaren un modelo.
  • 2. Galego enxebrista: Comeza a aparecer unha certa intención estandarizadora. Búscase a unificación supradialectal e a diferenciación do castelán.
  • 3. Proestándar: Búscase a simplicidade ortográfica e gramatical e corrixir os excesos diferencialistas da etapa anterior.
  • 4. Estándar: Aumentan os usos formais e elaborase unha normativa que se fai oficial en 1983.

Ao longo do século XX maniféstanse dúas tendencias para fixar o modelo normativo:

  • O Lusismo: Achegando as súas escollas ao portugués.
  • O Isolacionismo: Propón como modelo o do castelán.

As normas que se afastan do modelo común adoitan chamarse desviacións da norma. Destacan:

  • Os dialectos.
  • Os vulgarismos (alteración das vocais ou das consonantes).
  • Os arcaísmos.
  • Os hiperenxebrismos.
  • Interferencias: Préstamos innecesarios que desprazan o uso dunha palabra (castelanismos, anglicismos, lusismos...).

Ramón Otero Pedrayo e a súa Traxectoria Literaria

R. Otero Pedrayo: Autor máis prolífero da súa época, posúe unha das obras máis amplas e vizosas de toda a historia da literatura galega. O seu estilo é refinado e complexo, de sintaxe exuberante e barroca. É o primeiro gran novelista galego.

Iniciouse con tres relatos breves: Pantelas, home libre, O purgatorio de Don Ramiro e Escrito na néboa. Distínguense dous grupos de novelas:

  1. Obras realistas: Ex. Os camiños da vida.
  2. Novelas culturais: Ex. Arredor de si (1930).

As Vanguardas na Literatura Galega

Vanguardas: Conxunto de movementos de renovación estética que se desenvolveron en Europa no primeiro terzo do século XX. Caracterízase pola defensa da liberdade creativa, o gusto pola orixinalidade, o espírito lúdico e transgresor, o hermetismo, a ruptura do racionalismo, o predominio da metáfora e a defensa da finalidade estética da arte.

As Vanguardas na Literatura Galega

Unha serie de mozos nacidos polo ano 1900 combinaron o compromiso nacionalista coas ansias de renovación estética. A poesía galega viviu unha renovación importante nos anos 20.

Características Xerais

  • Actitude crítica coa poesía do século XX.
  • Vontade de renovación na arte galega.
  • Conservación de certos trazos tradicionais e a conciencia de grupo.

Vicente Risco foi un dos principais divulgadores da vangarda. Cómpre destacar o manifesto Máis Alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro; este manifesto foi unha chamada á mocidade para que rompese cos lazos do pasado e cos vellos moldes estéticos. Os autores vangardistas difundiron a súa obra a través de revistas.

Sintaxe e Tipoloxía de Oracións

Subordinada Adxectiva

Pode ser explicativa ou especificativa. Destacan catro tipos:

  • Pronome relativo: que, o cal, os cales, quen, cuxo.
  • Adverbio relativo: onde, cando, como.
  • Funcións: Suxeito, CD, de participio.

Subordinada Substantiva

  • Enunciativas: (que)
  • Interrogativas: Totais (se) ou parciais (interrogativas).
  • De infinitivo.

Funcións Sintácticas Principales

  • Suxeito: Quen fai a acción?
  • CD: Que cousa?
  • Suplemento: De que?
  • Atributo: Con que verbo?

Descargar

PDF Word HTML