Evolución Histórica da Educación e Didáctica das Ciencias Sociais

Otras lenguas extranjeras5,07 KB

Evolución Histórica da Educación e Contexto Pedagóxico

En 1931, na cumbre da Institución Libre de Enseñanza (ILE), instáurase a Segunda República, que asume os principios principais da ILE e os traslada ao Ministerio de Educación. Créanse as misións pedagóxicas, cuxa misión era trasladar a idea de que se podían instruír e educarse. Espallaron o coñecemento e abriron as portas á educación para todos.

Este proceso trúncase no ano 1936 co comenzo da Guerra Civil e vólvese atrás. A Xeración do 27 é o froito do que ocorre neste período.

Períodos de Involución e Consumismo (1960-1970)

Este é un período de involución onde os cambios realizados desaparecen e vólvese ao principio.

Características Principais

  • Ideoloxización anacrónica: A escola xa non se basea nun proceso de escolla, senón de acollida, a través do lema "España grande e libre", mentres que en Europa se reconstruía, en España non.
  • Escaso desenvolvemento didáctico: Libros de texto e materiais didácticos van estando cada vez máis obsoletos.
  • Pouca utilidade e nula aplicación cotiá: Para as Ciencias Sociais supuxo unha consecuencia moi negativa, xa que se convirten nunha materia de pouca utilidade, cunha nula aplicación na vida cotiá ou sen ver a aplicación que podía ter.
  • Consumismo: É un dos procesos determinantes. A finais dos anos 60 e comezos dos 70 aparece un novo sistema económico baseado no consumo que vai facer que desaparezan as fronteiras.

A Influencia dos Medios de Comunicación e a Sociedade (1970-1980)

Dáselle moita importancia á imaxe; é máis importante o que se aparenta que o que se é, e isto trasládase á escola.

Factores de Cambio

  • Medios de comunicación: A sociedade de consumo entra en nós a través da publicidade, da televisión, das redes sociais e do cine. É un dos principais mecanismos polos cales os nenos adquiren coñecementos sociais. Nesta época de crise, os medios de comunicación aparecen como recursos didácticos non formais que substitúen aos libros de texto das Ciencias Sociais na escola. O entorno próximo ofrece mecanismos para aprender, xa que "a rúa apréndeche códigos de conduta".
  • "Mari-ización": Deixan de ter importancia as Ciencias Sociais. Os libros de texto son anticuados e as editoriais non se preocupan por eles (pouca innovación didáctica). Os medios de comunicación adquiren a importancia e a voz cantante que antes tiña a escola.

O Contorno e a Teoría Xeral de Sistemas

O contorno defínese como o conxunto de elementos que compoñen a realidade social, que se relacionan entre si nun sistema aberto e que tenden ao equilibrio.

Tipos de Factores

  • Os factores humanos: Constituídos por elementos sociais (familia, traballo, amizade), elementos políticos (escola, institucións, cultura) e elementos económicos.
  • Os factores físicos: Poden ser de dous tipos:
    • Bióticos / animados (fauna, flora, vilas, cidades).
    • Abióticos / inanimados (rochas, montes, clima).

Ambos os dous factores relaciónanse entre si. É tan importante o primeiro como o segundo. Para que o contorno sexa en realidade un contorno, todos os seus elementos deben estar interrelacionados, organizándose nun sistema aberto.

Segundo a Teoría Xeral de Sistemas (TXS), hai dúas correntes: unha que lle da máis importancia ao entorno físico e outra que o fai ao enfoque humano. En verdade, ambos os factores tenden ao equilibrio; ningún deles sería como é agora mesmo se non fose polo outro.

O Currículo e a Área de Ciencias Sociais

  • Currículo: Marco xeral que estrutura a área de Ciencias Sociais a partir duns obxectivos xerais, propostas de organización, establecemento de contidos, orientacións didácticas e criterios de avaliación.
  • Área: Non é nin unha disciplina nin unha suma de disciplinas, senón que se artella con lóxica propia a partir duns obxectivos e uns contidos establecidos desde tres fontes básicas: epistemolóxica, psicopedagóxica e sociolóxica.

Tipos de Contidos

  • Conceptuais: Elementos da área de coñecemento que ofrecen os aspectos teóricos da disciplina. Exemplo: A orientación, a temperatura, os estados da materia. ¿Qué aprender?
  • Procedimentais: Elementos metodolóxicos para coñecer o entorno. Exemplo: Observar, xogar, manipular. ¿Como aprender?
  • Actitudinais: Fan referencia aos valores e aos comportamentos, de tal maneira que completan aos dous anteriores no marco convivencial.

Descargar

PDF Word HTML