A Evolución Histórica da Lingua Galega: Substrato, Romanización e Superestrato

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,05 KB

A Orixe e Formación da Lingua Galega

A lingua galega é o resultado da evolución do latín vulgar que falaban os colonizadores romanos nos séculos II e I a. C. Na súa formación deixaron pegada as linguas faladas polos pobos anteriores aos romanos (linguas de substrato) e os pobos que chegaron despois da caída do Imperio Romano (linguas de superestrato).

O Latín Vulgar e o Substrato

Cando os romanos chegaron ao territorio que eles mesmos denominarían Gallaecia, impuxeron a súa lingua, o latín vulgar. O pobo conquistado aprendeu a nova lingua, pero cos hábitos fonéticos e as estruturas gramaticais das linguas que falaban antes da chegada dos romanos.

Chamamos substrato ao conxunto de pegadas que as linguas anteriores ao latín deixaron no galego. Ao substrato pertencen, maioritariamente, palabras que se utilizan para designar realidades e obxectos concretos, como plantas e animais propios do país, os nomes de lugar, os antropónimos, etc.

As Linguas Pre-Romanas en Gallaecia

Pouco sabemos das linguas que se falaban en Gallaecia antes da chegada dos romanos. Sabemos que arredor do ano 800 a. C. chegou a Galicia un pobo procedente do centro de Europa que falaba unha lingua indoeuropea relacionada co celta, polo que recibe o nome de lingua paracelta. A principal vaga de pobos celtas chega a Galicia sobre o ano 600 a. C.

Exemplos do Substrato Paracelta e Celta

Atribúense ao substrato paracelta palabras como:

  • berce, bugallo, croio, bidueiro, virar, tona...
  • Xentilicios rematados en –ego (ex: galego, chairego, brañego).
  • Topónimos rematados en –obre, -ebre (ex: Lestrobe, Cecebre, Barallobre).

Tamén se consideran de orixe celta termos como páramo, barranco, outeiro, cabana...

A Romanización e a Imposición do Latín

A Romanización é o proceso de incorporación á cultura romana dos pobos que habitaban Galiza cando os romanos invadiron o territorio. Este proceso estendeuse desde o século I a. C. ata o V d. C. A imposición total do latín foi un proceso longo que se adoita dividir en tres fases:

Fases da Imposición Lingüística

  1. Etapa de colingüismo: Os indíxenas contactan co novo idioma que falaban funcionarios e soldados romanos (século I d. C.).
  2. Etapa de diglosia: As elites indíxenas adoptan o latín (ata o século II d. C.).
  3. Etapa de substitución: O latín convértese na lingua habitual (desde o século III). A difusión do cristianismo foi un factor importante na xeneralización da nova lingua.

O Superestrato: Influencias Post-Romanas

Denomínanse superestrato as palabras que conservamos no galego procedentes das linguas que chegaron a Galiza despois dos romanos. Distínguense dous compoñentes principais: