Ramón Otero Pedrayo: Vida y Obra del Patriarca de las Letras Gallegas

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,01 KB

Ramón Otero Pedrayo

Características biográficas

  • Fillo dunha familia burguesa, liberal e culta.
  • Escritor máis prolífico e plural da súa xeración (poeta, dramaturgo, xeógrafo e historiador).
  • Entre 1931 e 1933 foi elixido deputado polo Partido Nacionalista Republicano por Ourense.
  • Trala Guerra Civil, foi expedientado e expulsado da súa cátedra de instituto.

Obra literaria

Narrativa

Destaca como narrador grazas ás súas novelas e ás múltiples colaboracións en xornais.

Narrativa breve
  • Pantelas, home libre: Primeira achega literaria coa que obtén un premio do SEG. Ambientada no rural, introduce dous elementos constantes na súa obra: a identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente incapaz de asumir os cambios sociais da época.
  • O Purgatorio de don Ramiro: Obra de humor macabro.
  • Escrito na néboa: Realiza o primeiro retrato xeracional.
  • Contos do camiño e da rúa, Entre a vendima e a castañeira, Contos de Santos e Nadal (publicación póstuma).
Narrativa longa

Características principais:

  • Supoñen a incorporación definitiva da prosa galega á modernidade.
  • Técnicas narrativas: monólogo interior, estilo indirecto libre, alteración da estrutura narrativa e mestura de xéneros literarios.
  • Os camiños da vida: Triloxía na que narra a transformación da sociedade rural galega do século XIX mediante o relato da decadencia de dúas familias fidalgas.
  • Arredor de si: Retrato da evolución ideolóxica da súa xeración a través do personaxe de Adrián Solovio, quen realiza unha viaxe exterior (Europa) e unha interior na procura da súa identidade.
  • Devalar: Obra de protagonista colectivo (Galicia) con técnica innovadora.

Ensaio

Obra ensaística ampla e variada, con Galicia como tema central:

  • Ensaio histórico sobre a cultura galega: Síntese do desenvolvemento histórico e cultural de Galicia desde a Prehistoria ata principios do século XX.
  • Polos vieiros da saudade: Crónica dunha viaxe.
  • O libro dos amigos: Carácter biográfico.

Teatro

Destaca pola súa innovación e a importancia do teatro como elemento normalizador da cultura galega:

  • A lagarada: Drama rural vangardista.
  • O desengano do prioiro: Sobre a implantación da industria dos cadaleitos.

Poesía

  • Bocarribeira: Colección de 65 poemas cuxos temas principais son a paisaxe trasalbesa e o fluír do tempo.