Evolución Histórica del Galego: Desde la Edad Media hasta la Edad Moderna
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,52 KB
Historia social do galego até 1916
O galego na Idade Media: o galego-portugués
Inicios da Baixa Idade Media, arredor dos séculos X e XI. Nese momento da historia, podemos falar da existencia na Península Ibérica destas cinco linguas románicas, de oeste a leste: galego-portugués, astur-leonés, castelán, navarro-aragonés e catalán. A lingua romance que se falaba nos territorios do sur, non reconquistados aínda aos árabes, chamábase mozárabe. No norte, a única lingua prerromana que non chegou a ser substituída polo latín foi o vasco. O galego e o portugués compartiron a súa primeira etapa de formación.
Época de esplendor do galego medieval
Entre os anos 1200 e 1350 trancorre a época de esplendor do galego medieval, representada, sobre todo, polos trobadores da Escola lírica Galego-Portuguesa. A finais desa etapa escríbense tamén as primeiras obras en prosa literaria e historiográfica.
Afonso Henriques e a independencia de Portugal
En 1139, Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) independízase do seu curmán Afonso Reimúndez (Afonso VII de Galicia, León e Castela) e o reino de Portugal é recoñecido como coroa independente. O portugués obterá a consideración de lingua nacional unificada, onde se asentará a corte real. Galicia, pola súa banda, vivirá unha etapa de gran inestabilidade sociopolítica a finais da Idade Media.
Inestabilidade sociopolítica e decadencia do galego
As revoltas irmandiñas e as guerras sucesorias polo trono de Castela marcarán este período. O galego experimentou, a partir do século XIV, un progresivo proceso de desprestixio e diglosia, ao quedar Galicia integrada no reino de Castela, sen chancelería nin corte, polo que a lingua perdeu o seu uso oficial na redacción de documentos administrativos en favor do castelán. Dende 1350, a lírica galego-portuguesa comeza un proceso de decadencia no reino de Castela e vai ser substituída nunha primeira fase pola escola galego-castelá.
O galego na Idade Moderna: os Séculos Escuros
A uniformidade política, administrativa e relixiosa imposta polos Reis Católicos nos seus territorios peninsulares imporá o castelán como lingua civil, eclesiástica e de cultura, xunto ao latín. Como consecuencia, os séculos XVI, XVII e XVIII constitúen un período de forte decadencia na historia da lingua galega. Establécese a situación de diglosia que chega até os nosos días.