A Nova Narrativa Galega e a poesía de posguerra: autores, xeracións e características
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,8 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta a Nova Narrativa Galega, corrente de finais dos anos 50 e dos 60 que renovou o xénero narrativo, e as súas características principais. Tamén repasa a poesía de posguerra, a creación da editorial Galaxia en 1950 e as tres xeracións poéticas da época, con referencias a María Xosé Queizán e Luz Pozo Garza.
Puntos clave
- A Nova Narrativa Galega publicouse a finais dos anos 50 e na década dos 60 e pretendía superar os modelos literarios anteriores.
- Entre as súas características están os personaxes anónimos, o monólogo interior, a ruptura da linearidade temporal e a pluralidade de voces narrativas.
- María Xosé Queizán cultivou todos os xéneros e creou a revista Festa da Palabra Silenciada.
- A data clave da poesía de posguerra é 1950, ano da creación da editorial Galaxia.
- As tres xeracións poéticas de posguerra son a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.
- Luz Pozo Garza combinou poesía íntima e comprometida e dirixiu as revistas Nordés e Clave Orión.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A Nova Narrativa Galega: Renovación e Influencias
A Nova Narrativa Galega reúnese nun grupo de escritores que publicaron as súas obras a finais dos anos 50 e na década dos 60, mediante a introdución de novas temáticas que renovan o xénero narrativo. Son todos escritores que pretenden superar os modelos literarios que existían ata ese momento, inspirándose en narradores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX.
Novidades e Características da Nova Narrativa
Entre as innovacións máis destacadas desta corrente narrativa, atopamos:
- Presenza de personaxes anónimos.
- Exploración do mundo do subconsciente.
- Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
- Ruptura da linearidade temporal do argumento.
- Pluralidade de voces narrativas.
- Predominio do monólogo interior.
- Técnica do ollo cinematográfico.
María Xosé Queizán: Unha Voz Fundamental
A súa obra inclúe todos os xéneros (novela, conto, ensaio...). Destaca a súa implicación no movemento feminista, presente en moitos dos seus libros. Creou a revista Festa da Palabra Silenciada para sacar da escuridade a escritura feminina.
Obra de María Xosé Queizán:
- É autora dunha importante obra narrativa.
- É narradora e autora de varias obras teatrais.
- A súa obra poética consta de títulos como Metáfora da Metáfora.
- Tamén publicou ensaio e escribiu guións de cine.
A Poesía de Posguerra: Xeracións e Desenvolvemento
A data clave para a poesía de posguerra é 1950. Nese ano ten lugar a creación da editorial Galaxia, que vai estrearse cunha obra de Cabanillas. Atopamos tres xeracións poéticas que comezan a publicar as súas obras ao mesmo tempo:
- Xeración do 36
- Promoción de Enlace
- Xeración das Festas Minervais
Xeración do 36
Esta xeración está formada polos escritores que naceron entre 1910 e 1920. Moitos deles xa publicaran obras antes da guerra, pero será agora cando publiquen os seus textos máis significativos.
Promoción de Enlace
Xeración formada por autores que nacen nos anos 1920.
Luz Pozo Garza: Poesía Íntima e Comprometida
Realizou estudos de música, maxisterio e filosofía e letras. Dirixiu as revistas Nordés e Clave Orión.
Temática e Estilo da Poesía de Luz Pozo Garza:
A temática da súa poesía é íntima e á vez comprometida e solidaria. Nos seus versos hai unha presenza de pintura e música que enriquecen as ideas e sentimentos da poeta. Cómpre salientar a súa obra ensaística, sendo unha das pioneiras na crítica literaria.
Preguntas frecuentes
Cales son as características da Nova Narrativa Galega?
Entre as súas innovacións atópanse os personaxes anónimos, a exploración do subconsciente, os ambientes urbanos claustrofóbicos, a ruptura da linearidade temporal, a pluralidade de voces e o predominio do monólogo interior.
Que revista creou María Xosé Queizán?
Creou a revista Festa da Palabra Silenciada, para dar visibilidade á escritura feminina.
Que xeracións poéticas aparecen na posguerra galega?
Aparecen a Xeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais, que comezaron a publicar ao mesmo tempo.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.