Evolución, retos e situación actual da lingua galega na sociedade
Marco Legal e Institucional do Galego
En 1978 apróbase a Constitución: cooficialidade de galego e castelán en Galicia. En 1981 o Estatuto de Autonomía: “a lingua propia de Galicia é o galego”. En 1983 a Lei de Normalización Lingüística: regula o seu uso nas diversas administracións e servizos.
O galego convértese na lingua oficial da administración autonómica, da Xunta de Galicia. O seu ensino é obrigatorio en Primaria e Secundaria, e algunhas materias máis deberán ser impartidas nesta lingua. No ensino universitario xa non rexen estas normas. En 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445 medidas destinadas a potenciar o galego, que non se chegou a desenvolver.
Uso Social e Tecnolóxico
O galego é moi utilizado nas actividades políticas, institucionais, universitarias e culturais. Mesmo parece que o seu uso comercial comeza a ser economicamente rendible e prestixia certos produtos. Hai moitas webs, foros, chats, blogs nos que é frecuente o galego. Temos tradutores, correctores ortográficos, Android, Windows, Facebook, Twitter... As compañías de telefonía móbil xa ofertan terminais en galego.
Retos Actuais: A Perda de Falantes
Mais a perda do número de falantes segue acelerándose. Xa non é a lingua exclusiva no rural, e nas pequenas e grandes vilas, nas cidades, cada vez é máis minoritaria.
A Construción do Galego Estándar
Na busca dunha norma escrita, entramos na fase do galego estándar; vanse eliminando dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos, ao tempo que se adapta á nova situación social (máis ámbitos de uso) e académica (vehículo para outras materias).
Posicionamento Global e Conclusión
En 2014 o galego ocupaba por número de falantes o posto 136 entre as linguas do mundo, o 49 por libros traducidos, o 37 por páxinas de Internet, o 26 por uso nas redes sociais. Está claro que se queremos, podemos!