Exploración da Poesía Galega: Vangarda e Outros Autores

Otras lenguas extranjeras3,88 KB

Poesía Galega: Vangarda e Outros Autores

Poesía: autores/as de vangarda e outros/as autores/as. O comezo do século XX en Galicia caracterízase por unha tendencia cara á modernización, correspóndese co inicio do movemento agrario, que critica a situación socioeconómica da poboación. Destácase a actividade do grupo Acción Gallega dirixido por Basilio Álvarez, aínda que é sometido á represión. No ano 1916 créanse as Irmandades da Fala, consideradas partidarias do galeguismo cultural e o nacionalismo. Entre os seus obxectivos destácase a defensa do galego como idioma cooficial e o seu uso en todos os ámbitos.

Esta etapa supón unha transición entre a tradición e a renovación en todos os ámbitos, incluída a literatura. Os autores máis relevantes, por seren considerados pioneiros na primeira fase de cambio, son Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

Antonio Noriega Varela

Noriega Varela, a pesar da súa tendencia tradicionalista, comeza a introducir diversas innovacións. Na súa única obra, Do ermo, a pesar de que están presentes elementos de reivindicación, destacan a corrente costumista, a presenza da paisaxe rural, a estética franciscanista (sinxela e humilde) ou a influencia do saudosismo portugués.

Ramón Cabanillas

Cabanillas foi un escritor considerado o máis destacado polas Irmandades da Fala e o poeta nacional de Galicia, que tivo que emigrar, o cal se reflexa nos temas dalgunhas das súas obras. Ademais, na súa obra recóllense elementos de Rosalía (intimísmo), Curros (denuncia social) e Pondal. Pódese dividir a súa traxectoria en catro etapas:

  • Primeiro, a etapa pregaleguista con obras como No Desterro ou Vento Mareiro, cunha temática cívico-social ligada ao agrarismo e anticaciquismo.
  • Da etapa galeguista destaca Da Terra Asoballada, obra que o define como o poeta civil de Galicia.
  • Posteriormente está a etapa mítico-saudosista na cal se trata a materia de Bretaña (Na noite estrelecida).
  • Finalmente, a etapa de posguerra na que publica Samos entre outras.

A Vangarda Literaria

A etapa de maior renovación é o tempo das vangardas, que supón unha ruptura total co anterior, coa tradición, e na cal se introducen novas técnicas e elementos no ámbito cultural e literario e lírico influídos por correntes europeas, como o futurismo, o cubismo ou o dadaísmo.

En Galicia, a etapa de vangarda comeza coa publicación do manifesto ¡Máis Alá! por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Á parte dos ismos europeos, as vangardas literarias propias de Galicia son varias.

O Hilozoísmo

O hilozoísmo, con escritores como Amado Carballo autor de Proel ou O galo, caracterízase pola presenza da paisaxe humanizada, as sinestesias, metáforas,...

O Neotrobadorismo

Por outra parte está o neotrobadorismo, non é exactamente unha vangarda, senón unha recuperación e modernización da literatura medieval, destacan autores como Bouza Brey ou Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).

A Vangarda Plena

Finalmente destaca a "vangarda plena" con Álvaro Cunqueiro, relacionado fundamentalmente co surrealismo, publica obras como Mar ao norde e Poemas do si e non. Pero máis importante é a figura de Manuel Antonio, máximo representante do vangardismo e próximo ao creacionismo, coa súa obra máis destacada De catro a catro, na que se reflicten ideas pesimistas como a monotonía ou a soidade.

Descargar

PDF Word HTML