Os foros en Galicia: Sobrado, a Igrexa e a fidalguía no sistema agrario galego
1. Contesta estas cuestións da 1ª parte do vídeo:
a) En que ano se produciron as mortes de Sobrado?
1992.
b) Por que motivo se produciron?
Os labregos querían impedir os embargos do veciño, xa que o veciño non pagaba os foros.
c) Que eran as terras de A Limia antes de ser cultivadas?
Unha lagoa.
d) Que tiñan de peculiar aquelas terras?
Sempre pertenceron aos labregos.
e) Durante que séculos foi a Igrexa a principal propietaria das terras galegas?
Durante a Idade Media, até os séculos XIII-XIX.
f) Como conseguiu posuír tantas terras a Igrexa?
Reis e nobres comezaron a facer doazóns de terras para obter privilexios.
g) Que é o «foro» e en que séculos apareceu?
O foro é un contrato de cesión de terras de longa duración. Apareceu entre os séculos XI e XII.
h) Que condicións tiña o foro asinado polo escudeiro Álvaro e a súa dona Leonor?
Tiña que entregarlle unha parte da colleita: 1/4 na colleita normal, 1/6 nas novas e 1/10 no dízmo.
i) Onde se garda o documento que recolle este foro?
No arquivo da catedral de Ourense.
j) Cal foi a principal contribución dos mosteiros ao desenvolvemento agrícola de Galicia?
Aumentaron a cantidade de terras produtivas.
k) Por que se di que o sistema foral estimulaba a produción agrícola?
Porque o campesiño sabía que canto máis producía, máis se quedaba.
l) De onde trouxeron as vides os monxes de San Clodio?
De Francia.
2. Contesta estas cuestións da 2ª parte do vídeo:
a) En que século aparece a fidalguía?
No século XVI.
b) Como se beneficia a fidalguía dos foros?
Subarrendando as terras a outros labregos.
c) A que prezo subarrendaba Xoán Suárez de Somoza as terras forais?
Ao cuádruplo do que pagaba ao mosteiro.
d) En que consistiu a dote de Inés Moure de Prado?
En 22 lugares e 4 cotos.
e) Explica a que se dedicou Xoán Suárez de Somoza nas dúas fases da súa xestión.
Mercaba terras para gardar alimentos para a época do ano con escaseza e vendíao, especulando cos prezos dos alimentos.
f) Como especulaba coas colleitas recibidas dos foreiros?
Gardando alimentos.
g) Que construíron os fidalgos nos seus dominios?
Pazos.
h) Como adquiren novas terras os fidalgos no século XIX?
Mediante a desamortización, con que adquirían terras que pertencían ao Estado.
3.
a) Que dous tipos de impostos tiñan que pagar os labregos galegos?
Impostos ao Estado e rendas aos fidalgos.
b) Que conseguiu o agrarismo? Quen era a súa figura principal?
Un movemento que unía e mobilizaba aos labregos. A súa figura principal foi Vasilio Álvarez.
c) Quen é Ignacio Gómez e que decidiu facer?
Un veciño de Sobrado que non quixo pagar impostos.
d) De que xeito se deu a alarma para que os veciños acudisen a Sobrado?
Tocando as campás da igrexa.
e) Que persoas resultaron mortas aquel día? Que nome reciben?
Dous homes e unha muller, coñecidos como os «mártires de Sobrado».
f) Cando se aprobou a Lei de Redención dos Foros?
En 1926.
g) Que pasou entón coas terras forais? En que se beneficiaba o Estado?
Quen quisese podía redimir o foro, pagándolle ao fidalgo, pero o Estado asegurábase de que os labregos pagasen.