Franquismo, Cultura Galega y Escritores: Represión, Exilio y Legado Literario

Otras lenguas extranjeras2,71 KB

A ideoloxía do franquismo e a represión da cultura galega

A ideoloxía do franquismo era contraria á democracia. Proibironse os partidos políticos e os sindicatos, e foron pechados numerosos xornais e revistas. Esta represión afectou sobre todo ás organizacións de esquerda e nacionalistas, e tamén á expresión cultural en linguas que non fosen o castelán.

Consecuencias para quen se expresaba en galego

  • Foron clausuradas as editoriais, as revistas e os xornais.
  • Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura, como Alexandre Bóveda.
  • Outras vírонse na obriga de marchar ao exilio, como Castelao, e outras foron apartadas do seu traballo, como Otero Pedrayo.
  • Outros optaron por dar apoio ao réxime, como Risco.

A carta formal

A carta formal é un tipo de comunicación escrita que emprega unha linguaxe formal e unha distancia no trato.

Características

  • Membrete cos datos completos de quen escribe.
  • Nome, enderezo e posto ou cargo do destinatario.
  • Lugar e data en que se escribe.
  • Asunto sintetizado en poucas palabras.
  • Saúdo formal.
  • Corpo da carta, sen moitos detalles superfluos.
  • Despedida que siga o tratamento comezado no saúdo.
  • Sinatura do emisor.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro naceu en 1911 en Mondoñedo, cidade que tivo unha grande importancia na súa obra. Durante a Guerra Civil, en Ortigueira, dedicouse á medicina e ao xornalismo. Cando acabou o conflito exerceu a práctica de xornalista en Donostia e Madrid, e volveu en 1947.

Textos narrativos

  • Merlín e familia
  • As crónicas do sochantre
  • Se o vello Sinbad as illas

Finou en Vigo en 1981, e en 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Estilo nas novelas

Nas súas novelas mestura a realidade e a fantasía, e utilizaba recursos da tradición oral popular e ambientes familiares. O humor preséntase especialmente nos seus últimos tres libros de relatos breves, onde tenta ofrecer unha visión das crenzas e do xeito de entender o mundo que teñen as persoas do rural galego.

Anxel Fole

Anxel Fole naceu en Lugo en 1903. Cando a guerra comezou, xa estaba introducido nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. A represión fixo que marchase ás terras do Courel e do Incio, onde permaneceu durante anos. En 1953 regresou a Lugo e traballou como periodista no xornal El Progreso. Finou en 1986, e en 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Descargar

PDF Word HTML