Fundamentos da Lingüística Galega: Estratos, Onomástica e Evolución Fonética
1. Definición de Substrato Lingüístico e Exemplos
Definición de Substrato
O substrato lingüístico é a influencia exercida por unha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada posteriormente no mesmo territorio.
10 Exemplos de Palabras Procedentes do Substrato
- billa
- berce
- carballo
- beizo
- bidueiro
- buxaina
- cagado
- camiño
- garabato
- rodaballo
2. Definición de Superestrato e Exemplos
Definición de Superestrato
O superestrato lingüístico refírese á influencia exercida sobre unha lingua autóctona por unha lingua invasora que posteriormente desaparece ou non é adoptada, ante a firmeza ou impermeabilidade que presenta a primeira lingua.
Exemplos de Palabras de Superestrato
(Nota: A continuación preséntanse exemplos de superestratos, principalmente de orixe xermánica e árabe, que influíron no galego.)
- carlos
- helmo
- álxebra
- alfombra
- logaritmo
- albaricoque
- tabique
3. Significado dos Topónimos Rematados en -obre e -ebre
Os topónimos rematados en -obre e -ebre pertencen á toponimia prerromana.
Sufixo -obre
Estes nomes están formados co sufixo -obre, que xeralmente significa fortaleza ou asentamento fortificado.
Exemplos
- Sillobre
- Barallobre
- Rañobre
4. Onomástica: Orixe e Significado
A onomástica estuda os nomes propios. A continuación, explícanse a orixe e o significado de varios tipos de nomes, clasificándoos segundo os estratos lingüísticos.
Antropónimo (Nome Propio): Alba
O nome Alba vén do latín. Predomina o significado de cor branca ou amencer (primeira luz do día). Tamén podería ter unha orixe indoeuropea a partir da raíz *Alba-, que quere dicir Aurora.
Patronímico (Apelido): Alonso
Alonso é un nome propio e apelido masculino de orixe xermana na súa variante castelá. Provén do xermánico Adelfuns, de adel (“nobre”) e funs (“listo” ou “preparado”), significando nobre preparado para o combate. (Adelfuns → Alonso; en francés, Alphonse).
Topónimo: A Coruña
A Coruña. A súa orixe é incerta, pero adoita relacionarse coa palabra corona ou cunha raíz prerromana *Crunia.
Xentilicio
Coruñeses.
5. Leis de Evolución Fonética do Galego
A continuación, explícanse algunhas das principais leis de evolución do galego a partir do latín (polo menos tres), con exemplos:
Palatalización dos Grupos Consonánticos Iniciais
Os grupos consonánticos iniciais latinos CL-, FL-, PL- evolucionan a CH-.
Exemplo: CLAMARE → chamar.
Conservación do F- Inicial
O F- inicial latino consérvase (a diferenza do castelán, onde adoita aspirar e desaparecer).
Exemplos: FUGERE → fuxir; FACTU → feito.
Evolución do Ditongo AU
A evolución do ditongo latino AU é a OU.
Exemplos: AURUM → ouro; TAURUM → touro.
Sonorización das Oclusivas Xordas Intervocálicas
Sonorización das oclusivas xordas intervocálicas latinas -P-, -T-, -K- en -b-, -d-, -g-.
Exemplo: APOTHECA → bodega.
6. Uso de Latinismos
Redacción de oracións utilizando os seguintes latinismos:
Motu proprio (Por propia iniciativa)
Motu proprio, ofrecémonos a facer os exercicios de lingua castelá.
Sine die (Sen data fixa)
Ao final, o exame de inglés quedou aprazado sine die.
Per capita (Por cabeza)
Se nos toca a lotaría, repartiremos 300€ per capita.
In situ (No lugar)
Cando recibiu a noticia, quedou in situ, perplexo.
7. Tipos de Cantigas de Amigo
As cantigas de amigo son composicións líricas medievais galego-portuguesas onde unha muller (a "amiga") expresa os seus sentimentos.
Cantigas Bailadas
Teñen referencias festivas, celebrando a vida e o amor.
Barcarolas (ou Mariñas)
A presenza do mar é a súa constante, servindo tanto como escenario dos acontecementos como interlocutor da amada.
Cantigas de Romaría
Describen o ambiente destas festividades. A namorada lamenta bailar co namorado ou coas compañeiras.
Albas
Constituía a narración da coita dos amantes por ter que separarse ao amencer.
Alboradas
A namorada laméntase do longas que se lle fan as noites cando non está co seu amado.