Guía Completa de Géneros Periodísticos y Literarios Gallegos

Otras lenguas extranjeras16,71 KB

Noticia

Definición

É unha exposición breve no que se relata un suceso actual que é considerado de interese para os receptores. A súa finalidade é estritamente informativa; non inclúen opinións dos xornalistas sobre os feitos relatados. Polo xeral presentan a estrutura:

Titular

Presenta o feito ou asunto sobre o cal se informa (letra grande).

Entrada

Contén un resumo da información; sintetiza os sucesos (letra mediana).

Corpo

Nel desenvólvese polo miúdo a información, en orde decrecente de relevancia (letra pequena). Predomina a narración. Verbos en pretérito de indicativo. Complementos circunstanciais de tempo, lugar,…

Unha noticia contén unha serie de elementos que responden a unhas preguntas básicas:

  • Que pasou?
  • Onde pasou?
  • A quen pasou?
  • Como pasou?
  • Cando pasou?
  • Por que pasou?

Os elementos da noticia aparecen, polo xeral, en orde decrecente en canto á súa importancia ou interese.

Crónica

Definición

É un xénero xornalístico mixto, porque nel combínase a transmisión de información e a opinión, firmadas por un xornalista. O xornalista informa e analiza feitos ocorridos nun intervalo breve de tempo (un evento deportivo, un suceso bélico, un festival de cine, teatro, música, etc.). O xornalista narra os feitos extensamente e presenta ao mesmo tempo unha valoración persoal. A crónica inclúe expresións e adxectivos valorativos.

Reportaxe

Definición

É un texto informativo extenso no que se desenvolve amplamente un tema que pode ser ou non de actualidade. Afonda nas súas causas, antecedentes e repercusións. Presenta algunhas características:

  • Exposición de información e relación de datos.
  • Descrición de persoas, ambientes e situacións.
  • Análise e interpretación de datos e dos feitos que se presentan.

A reportaxe acostuma a incluír testemuñas ou declaracións de persoas expertas na materia, ou ben dos protagonistas dos sucesos relatados. Contrariamente á noticia, a reportaxe non ten por que referirse a un feito puntual ocorrido recentemente, senón que afonda nun asunto que mantén a súa vixencia ou actualidade durante máis tempo. Ex. as redes sociais, a economía mundial, o consumo, as drogas, o contrabando, a mortaldade infantil en países subdesenrolados, etc. As reportaxes publicadas na prensa incorporan elementos non verbais como fotografías, debuxos, diagramas, mapas,…. Que completan e enriquecen a información.

Textos Argumentativos

Definición

É un tipo de texto en que se achegan razóns (argumentos) para defender unha opinión (tese). Nestes textos hai un emisor que se dirixe a un ou máis receptores coa intención de comunicar esa opinión e convencer ao receptor do noso punto de vista. Todo isto debidamente razoado e contrastado.

Estrutura

Distínguense as seguintes partes ou elementos:

Exposición da tese

É a opinión que sostén o emisor sobre o tema tratado. Debe ser clara e breve.

Corpo da argumentación

En que se recollen todos os argumentos ou razóns que o emisor dá para defender a tese. Son de dous tipos:

b.1. Argumentos racionais

Baseados no razoamento obxectivo.

b.2. Argumentos afectivos

Baseados nas emocións, experiencias propias e nos sentimentos (subxectivo).

Conclusión

É a parte na que se reafirma a tese ou se fai un breve resumo dos argumentos expostos. Non sempre aparece.

Recursos

  • Linguaxe subxectiva: Para expresar as valoracións persoais do emisor.
  • Conectores de carácter causal: (dado que, polo tanto, porque,…) que vinculan os argumentos coa tese.
  • Exemplos e analoxías: Reforzan os argumentos (datos, estatísticas, etc.).
  • As fórmulas para implicar ao receptor: Utilizando, sobre todo, verbos en 1ª / 2ª persoa.

Tipos de textos argumentativos

  • Administrativos: Solicitude, instancia, reclamacións, etc.
  • Xornalísticos: Editorial, artigos de opinión, cartas ao director.
  • Humanísticos e ensaios: Un emisor especializado escribe un libro sobre un tema de xeito argumentativo.

O Rexurdimento (S. XIX)

Definición

É o movemento de recuperación da cultura galega que se desenvolve, sobre todo, a partir da 2ª metade do S. XIX, con especial incidencia na lingua e na literatura. Os trazos principais do Rexurdimento son a defensa da cultura galega e a revitalización do idioma.

Contexto Socio-Histórico

No S. XIX xorde e desenvólvese o galeguismo, un movemento social, político e cultural que pretende que Galicia recupere a súa identidade e faga patente a súa personalidade. Distinguimos 3 etapas:

Provincialismo (1840-1868)

Movemento político e cultural que consideraba a Galicia unha única provincia.

Federalismo (1869-1881)

Ligado ás ideas republicanas, participa nunha elaboración dun proxecto “Proxecto de Constitución para o Futuro Estado Laico”.

Rexionalismo (1881-1916)

Xurdiu ao mesmo tempo que os movementos rexionalistas catalán e vasco, e compartiu con eles o mesmo proxecto de organizar de forma descentralizada o Estado Español.

Contexto Cultural

Nova etapa na restauración da cultura e do idioma

Foron, sobre todo, sectores da pequena burguesía os que traballaron por este rexurdir cultural.

Prensa

Creación de editoriais e de publicacións periódicas onde editar os traballos en galego, que se estaban a facer, contribuíu a divulgar os seus ideais e a prestixiar o galego en letra impresa. A primeira publicación monolingüe é “O Tío Marcos da Portela” editada en 1876. En 1885 fúndase a “Biblioteca Galega” na que publicaron os principais escritores da época.

Historiografía

Interesa o estudo do pasado de Galicia para procurar nel os elementos propios da nosa identidade. Destacan Benito Vicetto e, sobre todo, Manuel Murguía, que propugnou a orixe atlántica e céltica de Galicia.

A lingua galega

Existe un interese polo estudo da lingua galega, no proceso de consolidación do galego como vehículo culto de expresión. Aparición e creación de novas gramáticas, dicionarios e vocabularios. Destacan as gramáticas elaboradas por Saco y Arce e Marcial Valladares. Pero isto non impide que cada escritor escribise coas características dialectais e orais do galego da súa zona.

Rosalía de Castro (1837-1885)

Biografía

(páx. 233)

Obra literaria

Rosalía é a autora máis importante da literatura galega. A súa obra consolida a recuperación da literatura galega e tamén a moderniza incorporando os movementos europeos do momento. A súa literatura está influenciada por literarias como; Heine, Bécquer, Rousseau, Espronceda,…. Escribiu verso e prosa, tanto en galego coma en castelán. Na súa obra utiliza un galego espontáneo e coloquial; un galego oral que se fala na súa zona. De aí que nas súas composicións aparecen gheada e seseo. Tamén utiliza palabras en castelán.

Obra literaria en castelán

Prosa
  • El caballero de las botas azules
  • La hija del mar
  • El primer loco
  • Flavio
Poesía
  • La flor
  • A mi madre
  • En las orillas del Sar

Obra literaria en galego

É na poesía en galego onde está recollida a súa principal literatura. Caracterízase por:

  1. Reivindicación no uso do galego.
  2. Defensa de Galicia e denuncia do desprezo que a cultura española ten sobre a cultura galega.
  3. Denuncia os problemas sociais e económicos que nestes momentos tiña Galicia; a emigración e a propiedade da terra.
  4. Critica a discriminación á que era sometida a muller no seu tempo e o protagonismo social activo para ela.

A Lingua

Utiliza un galego coloquial e espontáneo, cunha sintaxe e un vocabulario sinxelo. Como neses anos non existe un galego normativizado (con gramática, dicionario,...), Rosalía escribe nun galego oral característico da zona de Compostela, de aí que utiliza vulgarismos (probe, caridá,..) dialectalismos (sobre todo seseo) e, incluso, palabras en castelán.

Destacamos dúas obras

Cantares gallegos (1863)

É un libro composto por un prólogo, no que a autora reivindica o idioma e denuncia o menosprezo do que era obxecto na época. Está formado por 36 poemas nos que a poeta lles dá voz a unha rapaza galega e a outros personaxes do mundo rural. Mediante este procedemento o que fai é (de forma metafórica), darlle voz ao pobo galego; de aí a razón do título. Os temas nos que se agrupan os 36 poemas son:

  • Temática intimista: Poemas de carácter subxectivo nos que Rosalía expresa as súas vivencias, reflectindo os seus sentimentos de dor, pena e saudade.
  • Temática costumista: Poemas nos que mostra a forma de vivir das xentes do mundo rural. Aparecen escenas propias da vida campesiña; romarías, festas, amoríos, así como o mundo da mitoloxía popular; supersticións, lendas e crenzas populares.
  • Temática social: Nestes poemas denuncia a marxinación de Galicia por parte do poder central. Critícanse problemas como a miseria dos campesiños, as inxustizas sociais, a emigración, etc.

Respecto ao estilo, caracterízase pola claridade na expresión e o uso frecuente dos recursos de repetición.

  • Estilo literario: Baséase nunha reelaboración culta das formas populares. En xeral, bota man de recursos propios da literatura popular; repeticións, paralelismos, onomatopeas, comparacións... Versos de arte menor e rima asonante.
Follas Novas

É un libro que contén un prólogo en prosa e 137 poemas que a autora divide en 5 partes ou libros. Aborda temas sociais e costumistas, pero introduce un tema novo: a reflexión filosófica e existencial. A expresión da saudade e a angustia, do desacougo, do sufrimento e da morte. Polo tanto, trátase dunha obra moito máis profunda, persoal e filosófica que “Cantares Gallegos”. Os poemas clasifícanse en dous núcleos temáticos:

  • Poesía subxectiva: De carácter máis intimista e existencial. Abundan os temas da angustia, do desacougo, do sufrimento e da morte. Inclúe os libros “Vaguedás”, “Do Íntimo”.
  • Poesía obxectiva: De carácter máis colectivo; trata os problemas da emigración, a pobreza ou a situación de dependencia da muller labrega. Inclúe os libros “Da Terra”, “As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos”.
  • Estilo literario: É un libro innovador non só pola súa temática, senón tamén pola complexidade métrica. Rosalía escribe os seus poemas utilizando combinacións métricas (octosílabos con hendecasílabos, alexandrinos) ou diferentes estrofas nunha mesma composición. Utiliza máis símbolos metafóricos e alegóricos que dá lugar a varias interpretacións.

Eduardo Pondal (1835-1917)

Biografía

(páx. 281)

Obra literaria

Destacamos dúas obras: “Queixumes dos Pinos” e “Os Eoas”:

Queixumes dos Pinos

É un libro que consta de 91 poemas nos que aparecen dúas liñas temáticas; a poesía cívica e poesía lírica. Dentro deste libro de poemas, destacamos o poema titulado “Os Pinos” o cal, na actualidade, constitúe a letra do himno galego. A esta letra púxolle música no ano 1908 o compositor Pascual Veiga.

A) Poesía cívica

Pondal imaxina un mundo mítico que debe servir de modelo para o pobo galego na súa loita pola liberdade e na súa afirmación de orgullo patriótico. Os núcleos temáticos da poesía cívica son:

  1. Celtismo: Pondal e os historiadores da época partían da base de que os nosos antepasados eran os celtas. Unha mostra destas raíces eran os castros, os dolmens presentes en moitos lugares de Galicia. Nos seus escritos fálanos dos celtas como un pobo guerreiro e heroico. Galicia ten un pasado glorioso encarnado nos heroes lendarios. Con estes elementos, Pondal constrúe un mundo mítico que relaciona coa Galicia do seu tempo. Crea heroes mitolóxicos que se corresponden con topónimos galegos; Ourens, Gundar, Brandomil. O guerreiro celta, Breogán, sería o fundador de Galicia.
  2. Helenismo: Ademais dos celtas, inspírase na historia grega. Nalgúns poemas, os protagonistas son heroes da mitoloxía Grega (da Odisea e A Ilíada). Estes heroes representan un modelo de conduta rebelde e orgullosa.
  3. O bardismo: o bardo era o poeta celta, unha especie de guía espiritual. Pondal considérase a si mesmo o bardo do pobo galego; cos seus escritos pretende orientar e conducir ao pobo galego para liberalo da escravitude e da opresión.
B) Poesía lírica

Noutros poemas deste libro, Pondal adopta unha perspectiva máis intimista, na que predominan; a visión da paisaxe e a visión da muller.

  1. A paisaxe poética é sempre a da súa terra, Bergantiños, unha paisaxe que permite expresar sentimentos de soidade e de melancolía. A paisaxe representa a memoria histórica; os castros, os monumentos megalíticos, actúan como símbolos do pasado celta.
  2. En canto aos poemas sobre a muller, nuns descríbea como un ser idealizado que inspira amor e tenrura; en cambio noutros poemas ofrece unha visión máis degradante e machista.

Os Eoas

Libro formado por un poema épico, que consta de 300 estrofas de versos hendecasílabos. Pondal escribe a epopeia do descubrimento de América, prestando especial atención á participación de galegos nesta aventura. O nome do poema é unha palabra grega que significa “Fillos do Sol”.

Características da súa lingua

Ao contrario do que viamos con Rosalía, Pondal utiliza un galego culto (cultismos tomados do latín e do grego). Rexeita os vulgarismos, os dialectalismos e as palabras do castelán. Literariamente a súa obra caracterízase por unha riqueza na simboloxía, na métrica, na rima e nas figuras retóricas de símiles e epítetos.

Curros Enríquez (1851-1908)

Biografía

(páx. 257)

Obra literaria

Curros caracterízase por ser un poeta social que combateu e denunciou as inxustizas sociais do seu tempo. Defendeu a liberdade democrática e o progreso. Nas súas obras ataca directamente á igrexa católica e aos poderes políticos. É autor de dous libros de poemas:

Aires da miña terra

Este conxunto de poemas pódese dividir en tres núcleos temáticos:

  • Poemas intimistas: Neles reflicte aspectos da súa vida persoal. Neles expón os sentimentos que lle provocaron determinadas circunstancias familiares; o nacemento do primeiro fillo (“Ben chegado”), morte do segundo fillo (“Ai”) ou a morte da súa nai (“Na morte de miña nai”).
  • Poemas costumistas: Poemas que reflicten tradicións e costumes galegos. Destacamos “Unha voda en Einibó”; nesta composición denuncia os matrimonios amañados; “A Virxe do Cristal”; aquí reflexa a devoción do pobo de Ourense por esta virxe.
  • Poemas cívicos: Neles defende aspectos do seu pensamento progresista, a defensa da liberdade e da cultura. Nos poemas cívicos observamos os seguintes aspectos:
  1. Critica o caciquismo pois é un abuso do poder por parte dos poderosos.
  2. Critica á igrexa, porque simboliza o fanatismo e a superstición que lles interesa aos relixiosos para someter á sociedade.
  3. Defende os dereitos dos campesiños e denuncia a inxusta repartición das terras e os excesivos impostos (foros), que se ven obrigados a pagar aos ricos propietarios.

O Divino Sainete

É un extenso poema narrativo cunha intención satírica e burlesca. O libro representa unha parodia humorística inspirado na Divina Comedia, de Dante. Está composto por 512 tríades de versos octosílabos con rima consonante. Nesta obra critica á igrexa católica, ás institucións do goberno e aos sectores máis reaccionarios (menos progresistas) da sociedade. Así mesmo, tamén satiriza a determinados inimigos persoais; xuíces, escritores, ….

Características lingüísticas

O galego utilizado por Curros reflexa a variedade dialectal do galego de Celanova, pero selecciona o léxico e a sintaxe para darlle aos seus poemas maior expresividade. A súa poesía de crítica caracterizase polo uso de ironía, das comparacións e as metáforas cunha clara intención degradante

Descargar

PDF Word HTML