Historia da Literatura Galega: Da Idade Media ao Rexurdimento

Otras lenguas extranjeras3,44 KB

Cronoloxía da Lingua e Literatura Galega

  • Idade Media (Séculos X - XV): Situación de normalidade. O galego é a lingua do Reino de Galicia, empregada para todo e por todos os estamentos sociais.
  • Idade Moderna (Séculos XVI - XVIII): Coñecida como os Séculos Escuros. Prodúcese a "doma e castración" do Reino de Galicia. O galego é retirado do ámbito público, da cultura e da escrita ata a chegada dos Ilustrados, o que supón o primeiro paso para o rexurdir do idioma.
  • Idade Contemporánea (Século XIX): O Rexurdimento, un proceso de rehabilitación da lingua galega.
    • Prerexurdimento (1808-1863): Época dos precursores, destacando a Xoán Manuel Pintos e Francisco Añón.
    • Rexurdimento Pleno (1863 - 1900): Época dos grandes mestres: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

A Recuperación da Lingua Galega

No século XIX nace unha ideoloxía galeguista que defenderá e protexerá a Galicia e a súa literatura. O galego segue sendo a lingua falada pola maior parte da poboación, pero o castelán séguese a expandir polas clases medias, continuando a súa presenza en xornais, revistas e na escola.

Ao mesmo tempo que isto ocorre, o galego volve a aparecer na lingua escrita nun período que chamamos Rexurdimento, levado a cabo principalmente por Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. Tamén terá lugar a aparición da prensa en galego, así como os primeiros dicionarios, gramáticas e as primeiras editoriais.

Os Precursores do Rexurdimento

Baixo a denominación de Precursores do Rexurdimento agrúpanse todos eses escritores que teñen obra publicada antes de Cantares Gallegos. Estes constitúen a primeira xeración galeguista. A recuperación literaria non é un fenómeno exclusivamente cultural, senón que vai ligado ás reivindicacións políticas e económicas. A escolla do galego supón unha actitude de compromiso.

Temas Principais da Literatura

  • Exaltación da paisaxe galega.
  • Defensa da dignificación social e o emprego do galego.
  • Denuncia dos males do país.
  • Defensa fronte aos ataques e desprezos que sofren Galicia e os galegos.

Autores Destacados

Xoán Manuel Pintos

É o autor de A gaita gallega (1853), o primeiro libro da literatura contemporánea, que se presenta como un método para aprender a lingua. Nel toca temas como a emigración, a fame e a historia de Pontevedra.

Francisco Añón

Publicou en revistas e xornais diversas composicións con temática costumista e reivindicativa.

O Rexurdimento Pleno

É o período no que se produce a consolidación da literatura galega. Iníciase no ano 1863 coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e finaliza no ano 1916 coa creación das Irmandades da Fala. Nesta etapa confírmase a recuperación do cultivo literario galego que virá da man de Rosalía, Pondal e Curros.

Descargar

PDF Word HTML