Historia da Normativización do Galego: Construción da Variedade Estándar, Interferencias e Desviacións da Norma
HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA
O galego tardou en contar cunha variedade estándar: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario (normativización lingüística).
A nosa lingua non emprendeu esa tarefa ata o século XIX. Neste longo proceso hai catro etapas:
a) Galego popularizante (fins do século XIX)
Utilizan o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos, descoñecendo a tradición medieval. Pondal, Rosalía, Curros...
b) Galego enxebrizante (1900-1936)
Os autores inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán. Abundan os hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.
c) Galego protoestándar (1936-1970)
Simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos) inspirada no castelán, e depúranse castelanismos e vulgarismos.
d) Galego estándar (hoxe)
O mellor coñecemento lingüístico (grazas a investigacións) axuda a atopar solucións ás desviacións de etapas anteriores. En 1982, a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) elaboraron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
O lusismo
É dicir, o partidario de que o galego retome as súas orixes uníndose ao actual portugués. Unha das figuras máis relevantes é Ricardo Carvalho Calero (DdLG 2020).
A interferencia
A interferencia é un proceso que pode provocar préstamos lingüísticos:
- Fónicos: redución de 7 vocais a 5.
- Morfolóxico: cambio de xénero en determinados substantivos.
- Sintáctico: colocación incorrecta dos pronomes átonos.
- Léxico: prevalencia da palabra que coincide co castelán (comprar = mercar).
Desvíos da norma
- Vulgarismos: é unha expresión morfolóxica, fonética ou sintáctica empregada en lugar da palabra correcta e que non se considera parte da chamada lingua culta.
- Arcaísmos: son palabras que caeron en desuso na lingua (cibdade, outo) ou que cada vez teñen menos uso.
- Hipergaleguismos: invencións debidas á presión do castelán.
O GALEGO NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX
O galego empézase a empregar en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera (narrativa, teatro…) ata chegar ao recoñecemento oficial coa democracia, pero descende no ámbito social.
Neste primeiro terzo hai que destacar:
- A creación das Irmandades da Fala (1916), que teñen como finalidade o emprego exclusivo do galego en todo tipo de actos e escritos. Tamén impulsar a narrativa e o teatro. Así mesmo, están moi ligadas ao nacionalismo.
- O Grupo Nós, que estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será o responsable da revista Nós, escrita en galego.
- No Seminario de Estudos Galegos investígase Galicia desde diferentes campos: histórico, político…
- O Partido Galeguista, en cuxas mans estarán durante a II República persoas como Castelao ou Bóveda, que redactará un Estatuto de Galicia, no que se inclúe (entre outras cousas) o ensino do galego e en galego.
Galego enxebrista ou diferencialista
No que se refire á lingua escrita, non existe un único modelo, pero continúan os intentos de crear unha norma. Este período é coñecido como galego enxebrista ou diferencialista, porque os escritores queren marcar a diferenza co castelán, elixindo o portugués como modelo.