Historia da Primeira e Segunda Internacional: Orixes do movemento obreiro
A Primeira Internacional
O 28 de decembro de 1864 reuníronse en Londres representantes de organizacións obreiras de todas as tendencias. Na redacción dos estatutos tivo un papel decisivo Marx, recollendo tres puntos clave das súas ideas:
- Potenciar a actividade internacional das asociacións nacionais.
- Emancipación autónoma das clases obreiras.
- Non haberá emancipación sen unha loita polo poder político.
O enfrontamento ideolóxico
Os problemas da Internacional foron moitos, derivados, sobre todo, das diferentes ideoloxías dos compoñentes e do pluralismo dos obxectivos: os tradeunionistas, os socialistas utópicos, anarquistas, marxistas... De todos estes problemas, o máis significativo foi o enfrontamento ideolóxico entre anarquistas e marxistas. Os puntos de discrepancia entre ambos eran múltiples:
- Política partidista e parlamentarista marxista / antiparlamentarismo anarquista.
- Oposición de Bakunin á doutrina marxista do mantemento do Estado.
- Revolución social obreira (marxista) / revolución social campesiña (anarquista).
- Diferente concepción da historia: grupos / individuos.
O fracaso da AIT
O enfrontamento entre marxistas e anarquistas foi unha das causas principais do fracaso da AIT. O triunfo das tese marxistas deu lugar a que en 1872 fosen expulsados Bakunin e os seus partidarios; como resposta, os defensores das teses anarquistas reuníronse nun congreso. Este feito provocou a escisión no movemento obreiro, existindo dúas Asociacións Internacionais de Traballadores. Xunto cos problemas internos, o principal problema que atribuíu o fin da Internacional foi a experimentación frustrada da Comuna de París en 1871.
Segunda Internacional
Os partidos socialistas
O primeiro que logrou un alcance nacional foi o Partido Socialdemócrata Alemán, fundado en 1875, que foi o modelo a seguir pola maioría dos partidos socialistas europeos. Todos tiñan en común a súa definición como partidos de clase obrera. O seu obxectivo era atraerse a todos os traballadores para lograr melloras políticas e sociais para a clase traballadora.
Creación da Segunda Internacional
O incremento do poder das asociacións obreiras e a rápida aparición dos partidos socialistas propiciaron o desexo de restablecer os lazos de solidariedade internacional. En 1889 en París fundouse a Segunda Internacional. Impuxéronse as teses marxistas, o que provocou a non admisión dos anarquistas. A institucionalización da Segunda Internacional foi lenta e non quedou definitivamente organizada ata 1899 coa creación dunha sede permanente en Bruxelas, compoñesta por delegados, secretario e comité executivo. Outro problema para solucionar foi a aceptación das organizacións sindicais. En 1902 creouse o Secretariado Internacional das Organizacións Sindicais. Un dos primeiros acordos tomados pola Segunda Internacional foi a proclamación do primeiro día de maio como día internacional da loita obreira. Nas sucesivas xornadas do primeiro día de maio a clase traballadora manifestaríase reclamando a xornada de 8 horas.
O revisionismo marxista
Trátase dunha corrente de pensamento encabezada por Bernstein na que se poñen en discusión algunhas das teorías marxistas. O que Bernstein defendía era unha loita por lograr reformas de modo gradual. Isto significaba a posibilidade de ter que colaborar no plano político cos partidos burgueses. As teorías causaron tensións no seo da Internacional. Foron duramente atacadas polos marxistas ortodoxos e os revolucionarios. Os revisionistas foron condenados e as súas teses rexeitadas no Congreso de Ámsterdam de 1904. Posteriormente, as ideas do revisionismo serán a base da socialdemocracia.